O PP de Ponteceso critica a perda de subvencións por parte do goberno municipal
08:06 09/09/16
Unha nova crítíca - nesta ocasión dende a oposición - chega ao concello de Ponteceso. O Partido Popular amosou a través dunha nota de prensa emitida onte a súa inquedanza ante "a incapacidade do goberno actual de Ponteceso de sacar adiante as obras do POS 2016 cando está a piques de saír a convocatoria do 2017".
Os populares critican que as únicas obras e inversión que se realizaron nun ano de goberno partan do mandato anterior da man de José Luis Fondo Aguiar - do PP -. Ao mesmo tempo, na nota de prensa os populares manifestan a súa preocupación por "ver que se perden subvencións" tales como a do parque empresarial de Ponteceso - cun importe de 30.052,75€ -; a do Instituto Enerxético de Galicia para a renovación do alumeado público cun importe de 46.107,24€ e a da cuadrilla de incendios por un importe de 50.000€.
Neste sentido, dende o PP exísenlle ao alcalde que "deixe de mentir e que, se é verdade que fai 80.000 km ao ano para realizar xestións no concello, que isto teña algún impacto que non sexa a perda continua de subvencións", reiteran, Asemande, aproveitan a ocasión para criticar as "peregrinacións fictíceas" a Santiago para conseguir subvencións.
Novas relacionadas
- O CSIF denuncia o caos laboral no Concello de Ponteceso
- O PP de Ponteceso esixe o inmediato arranxo da Ponte da Garga en Anllóns.
- Xullo 2016: O CSIF denuncia as “mentiras e enganos” do alcalde de Ponteceso en materia laboral.
- Marzo 2016: Lois Carballido declara no Xulgado por unha denuncia por acoso laboral e prevaricación:
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- PP Ponteceso