O PP de Ponteceso esixe o inmediato arranxo da Ponte da Garga en Anllóns


De titularidade municipal, a situación do pavimento da Ponte da Garda, sobre o río Anllóns, en Ponteceso, é grave. Así o asegura o PP local, que culpa á “incapacidade do señor Carballido para exercer de Alcalde” de non ter realizado xa as obras de mellora da infraestrutura. ”A Ponte da Garga, de titularidade municipal, corre perigo e a situación e crítica, co inverno á volta da esquina”, sinala o ex alcalde e voceiro José Luís Fondo Aguiar.
”O responsable da área de patrimonio, o señor Casmartiño, con dedicación exclusiva, xa coñecía en setembro pasado a situación da Ponte e poido ter incluído o seu arranxo nun Plan de Obras coma o Pos, tal como se lle deron prioridade a outras obras. O que indica descordinación total do goberno municipal de Ponteceso”, denuncia o grupo da oposición, que avisa que, aínda así, “existen mecanismos de urxencia legais para que o Concello poida contratar con celeridade o arranxo da ponte, e neste caso contarían co total apoio do Partido Popular, para poder levar a cabo as contratacións de urxencia para o arranxo da Ponte”.
Fonte
- PP de Ponteceso.