![O temporal tirou co ciprés da Praza da Cultura de Carballo]()
O temporal tirou co ciprés da Praza da Cultura de Carballo
A Costa da Morte foi unha das principais afectadas polo primeiro temporal do inverno que se rexistrou onte e que a mantivo en
alerta laranxa durante toda a mañá.
O refacho máximo de aire rexistrouse en
Vimianzo, onde o vento acadou os 125 quilómetros por hora. Seguiuno
Lira, onde por momentos o aire soprou a 117 quilómetros por hora. En
Camariñas, os refachos acadaron os 102 quilómetros/hora.
As fortes choivas tamén dominaron na mañá de onte en boa parte da Costa da Morte. En
Zas acumuláronse 44 litros por metro cadradado, en
Santa Comba 40 l/m2 e en
Carnota 35 l/m2.
Estragos en Carballo
![CIpres destrozado polo temporal en Carballo]()
Ciprés destrozado polo temporal na Praza do Concello de Carballo
Espectacular foi o derribo do ciprés da Praza do Concello de Carballo. O forte vento derrubou unha árbore de gran altura, afortunadamente sen danos materiais nin persoais.
![O temporal tirou co cipres da Praza do Concello de Carballo]()
O temporal tirou co ciprés da Praza do Concello de Carballo
Situación no mar
![O temporal encheu de lixo a praia de Sardiñeiro]()
O temporal encheu de lixo a praia de Sardiñeiro
No mar, a situación estivo aínda peor xa que os fortes ventos obrigaron a manter amarrada a unha boa parte da frota pesqueira. Para os traballadores do mar, o temporal chegou no peor momento xa que lles afecta de cheo nunha das semanas de máis actividade de todo o ano.
O forte vento deixou tamén
vagas de mar. Así, en
cabo Vilán rexistráronse ondas de 5,16 metros de altura. Outro dos efectos que deixou o temporal de aire e choiva que afectou á Costa da Morte foi a gran cantidade de lixo que o mar arrastrou para as praias da bisbarra. Unha das máis afectadas foi a de
Sardiñeiro, en Fisterra, na que quedaron esparcidas unha boa cantidade de
crebas (plásticos, anacos de madeira,...) e incluso dos animais mariños que non sobreviviron ao forte temporal.
![Especie mariña aparecida onte na praia de Sardiñeiro]()
Especie mariña aparecida onte na praia de Sardiñeiro
Incidencias
Esta climatoloxía tan adversa provou unha boa cantidade de sucesos en toda Galicia. En total, o 112 Galicia xestionou onte un 131 incidencias relacionadas co fenómeno adverso laranxa por vento en terra e nos litorais das provincias de A Coruña e Pontevedra. O maior número de intervencións –un total de 66- estiveron relacionadas ca
retirada de pólas e árbores caídas en estradas principais e secundarias da comunidade galega.
Ademais, rexistráronse case unha trintena de chamadas por mor de anegamentos en vivendas, rúas, baixos comerciais e bolsas de auga en estradas. Por fortuna, non se rexistraron danos persoais causados pola desfavorable meteoroloxía, nin graves danos materiais.
Pronóstico
O aviso xa mudou a amarelo e para hoxe espérase un día tranquilo - climatoloxicamente falando - para darlle paso a unha nova fronte que entrará mañá deixando de novo ventos fortes e precipitacións.
Na noite de fin de ano,
4gotas pronostica que non haberá choivas e que o vento soprará de xeito moderado na Costa da Morte. A temperatura oscilará entre os 13 e os 12 grados.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.gal)
- 4gotas.com
- 112