O temporal pon en alerta vermella o mar da Costa

11:00 02/02/17


Vento e chuvia
E por temporais. O primeiro xa o temos enriba, pois dende esta madrugada, o 112 subiu o Nivel Laranxa por vento e a Alerta Vermella no mar. Falando de vento, durante esta madrugada Fisterra xa rexistou refachos de vento de 138 km/h, só por detrás de Lardeira. Onte en Lira xa se superaban os 100 km/h. Durante a tarde de onte VImianzo recibía nada menos que 28 l/m2, polos 23 de Lira. Durante estes días superaranse os 40.Ondas de 8-9 metros
Xa no mar, a Axencia Estatal de Metereoloxía (AEMET) anuncia que a partir deste mediodía, o litorial costeiro sufrirá un episodio de Nivel Vermello, de mar combinada do W entre 8 e 9 metros. Polo de pronto, os barcos de Laxe ou Muxía xa tiveron que “emigrar” a un porto máis abrigado como o de Camariñas, mentres que xa houbo un quimiqueiro que necesitou axuda para superar o Corridor de Fisterra, facendo saltar todas as alertas a pesar de seguirmos sen protocolo de actuación ante unha catástrofe, e sen base de helicóptero de salvamento.
65 incidencias na primeira madrugada
O Centro de Atención ás Emerxencias (CAE 112 de Galicia) rexistrou, a pasada noite, un total de 65 incidencias relacionadas co episodio de meteoroloxía adversa de nivel laranxa. A caída de árbores e polas nas estradas, carteis e pancartas foron as incidencias que mais se repetiron dende as 00:00 horas desta noite ata as 07:00 horas desta mañá.Novas relacionadas
- 01-02-2017: Un quimiqueiro queda á deriva fronte a costa de Fisterra.
- 01-02-2017: Temporal de mar en Laxe: barcos a terra (ou a Camariñas).
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).