![Olaia capturando sons para Fisterra carne de safari-Foto-Manuel Sendon]()
Olaia Sendón capturando sons para "Fisterra, carne de safari"-Foto-Manuel Sendon
![Fisterra Carne de Safari]()
Cita máis que interesante este o domingo 27 as 22.00h na Praza da Constitución de Fisterra. A autora Olaia Sendón presenta na súa vila adoptiva un novo proxecto audiovisual, “Fisterra, carne de safari”. Unha ocasión, con entrada de balde, para ver unha interesantísima visión sobre o devir sociocultural e memorístico da vila do Cristo.
Un traballo moi especial para Olaia. “O verán pasado facía duas cousas, unha curta e un neno, e ambos viron a luz en outubro, esa curta é “Fisterra carne de safari”, e ese neno é Xandre e a el van adicados os 30 minutos que dura.”
”Fisterra, carne de safari” é un “vídeo que orbita sobre o concepto de Fisterra como un territorio a habitar, a vivir, un espazo sobre o que construir unha memoria íntima e privada que nos axude a configurar unha identidade propia, explícanos a priopia autora.
Ademais, o proxecto, un dos 6 proxectos pra curtas escollidos polo AGADIC dentro das axudas a talento do 2016) escolle veciños (Alexandre Nerium, Palmira Castro, Juan Creus....) e lugares (Arnela, Sardiñeiro, Calcoba, o Faro propiamente dito....) como eixo vertebrador do proxecto. “Os espazos e as personas convértense en contos que unha nai conta ao seu fillo por nacer, contos sobre os que se construe un imaxinario propio. por que o vídeo non é mais que este primeiro achegamento ao que serán os espazos da súa infancia, os lugares da súa identidade”.
Olaia volve á Costa
Non é a primeira vez que Olaia grava e estrea na Costa. En 2008
estreaba na punta da Barca “Os fabulosos irmáns” ante unha grandísima expectación.
Posteriormente, en 2011 presentaba a
A Casa de Lola de Andrés, no marco dun proxecto chamado “Costa difunta”, e tamén con Fisterra como protagonista, baseándose na necesidade de manter viva a memoria.
a casa de Lola de Andrés from
olaiasendon on
Vimeo.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).