martes. 01.07.2025
El tiempo
Abraham Trillo
15:06
30/06/25

Ging tonic de campo

Ging tonic de campo

Que terá que ver o ging tonic local co gin tonic de campo?

- Joder, estamos celebrando San Pedro y no tengo artículo.

- Pues no sé, macho, habla del gin tónic de campo.

Aventuraríame a dicir que sabe moito mellor o ging tonic de campo que o consumido na urbe - tendo en conta que o ging tonic ben feito sabe en tódolos lugares -. Cal será, pois, o matiz que os diferenza? Non dubido ao dicir que ese tinte é a amizade - a palabra fraternidade déixolla aos gabachos - . O campo, dende o tempo dos pastoriños literarios que imaxinou Cervantes - e incluso antes - , é un lugar potenciador da amizade. Un lugar apacible para o seu desenvolvemento, quero dicir. Un locus amoenus para vivila e reforzala. Cando un toma con amigos, iso que se está a beber sabe - e incluso senta - mellor.

A festa de San Pedro de onte, comezou cedo e facendo o crucigrama, logo dos acarreos fundamentais e preceptivos, e rematou en casa particular tocando o piano por Julio Iglesias. O que houbo no medio, foi moita saúde, moita comida, moita bebida, e moita guitarra. Para beber, hai que comer. Mantra que lle inculcaron a un dende a preadolescencia e que non sempre foi cumprido. Onte, comer, comemos. E fixémolo ben grazas a Yoli. Todo primeiras calidades. Ningunha sorpresa para os que somos seguidores da súa cociña.

Non vos conto máis, que me marcha o bus da praia. Tan só vos animo a que, se o ano próximo tedes a ocasión, non deixedes de participar desta festa.

  • Abraham Trillo.

Comentarios