Xoves. 02.05.2024
El tiempo
Abraham Trillo
09:04
01/04/24

Venres Santo

Escampou. Venres Santo en Fisterra. A Semana Santa en Fisterra- como en tantos outros lugares- é un cagarse en Deus todo o ano e logo levalo Santo. Moitos pasos, moitos. Caras coñecidas, saúdos e conversas.
Rosquillas. Xente que sube e baixa pola costa, inqueda, esperando que todo de comezo. Chove moito por España estes días, sobre todo, nos sitios onde apenas chove nunca. Pero aquí, que polo contrario chove seguido, o ceo deu unha tregua para que o Cristo saíra.

- Va por Saint Luis, abajo está Missouri. Ciudad de Oklahoma es tan bonita, que... Verás Amarillo, Gallup, hasta México. Flagstaff, Arizona, no olvides Pomona, grandes olas rompen, San Bernardino, hey! Eso lo querías ver. En este viaje, más también podrás hacer. Andarás bien por la sesenta y seis.

- Pero se puede saber qué dice, señora? - Nada.
- Ah, bueno.

Visita a Roberto. Roberto ten un par de libros no forno e outro por poñer.
- Traballando aquí non é doado escribir. Para escribir hai que ter gañas, e isto cansa moito...

Roberto Traba, culterano de prosa, conceptista vital, toma un vaso de auga entre caña e caña e retírase temprano porque abre cedo.

Hai un ruído de pés descalzos na rúa, un asubiar de vento nas orellas, e un coitelo frío de humidade que cae sobre os ombreiros sen chegar a ferir. A festa da Semana Santa é unha festa a que se vai de loito pero na que se poden tomar gintónics e bailar cos amigos. O fin da historia xa o sabemos, repetíronnolo moitas veces- Cristo resucitou –, e por iso non esperamos ao Domingo para celebralo.

- Estamos en el tiempo en que el Ser Humano vive con razón de ser. Con sólo unas palabras un caso puede resolver.
- Bueno. A mí no me engaña más, señora. Está cantando a Pappo.
- Que no hombre, que no! Que esto lo decía ya mi abuelo, allí en la lareira.
- Lo que usted diga.
- Qué nos ocurre después de tanto tiempo? Reflexionamos al vernos al espejo. Qué es lo que pasa? Me estoy viniendo viejo. No sé de qué pensar si ya no sé que es lo que pienso.
- Que sí, que sí. Déjeme tomar el vino en paz, haga el favor.

MÁIS ARTIGOS DE ABRAHAM TRILLO

Comentarios