Domingo. 28.04.2024
El tiempo
Abraham Trillo
07:34
18/03/24

O Minotauro, Cela, e outros animáis fantásticos

O Minotauro, Cela, e outros animáis fantásticos

Antes de entrar en materia- na pouca materia na que vou a entrar- quérolles avisar aos intolerantes, xa que habelos hailos, que hoxe vou a falar sobre tauromaquia. Dígoo máis que nada por se queren aforrar tempo e pasar a outra cousa. Pouco máis somos co tempo do que dispoñemos, e non me gustaría facerllo perder a ninguén. Claro que vou a abordar este tema, o da tauromaquia, digo, dende o punto de vista literario, que é o que agora mesmo me ocupa. E é que neste gran Mundo do que formamos parte, o submundo do touro tamén ten a súa literatura. Non se pode negar que foron moitos os escritores que amosaron interese sobre a cuestión, independentemente do seu posicionamento ao respeto. Hemingway, que veu a España chamado pola loita, sen ir máis lonxe, seguindo o seu ideal de literatura, acohol e aventura, ten uns cantos libros inspirados neste asunto

- “Muerte en la tarde”, “Fiesta”-. Camilo José Cela, que antes de ir a Alcarria quixo ser “toreador”, tamén publicou libros como “El gallego y su cuadrilla” ou “Toreo de salón”. Pero dende logo non foron os únicos. Hai bastantes máis novelistas, poetas e dramaturgos que usaron esta materia como combustible literario. Vou dicir, rápidamente, unha presada de nomes e títulos por se lle interesan a alguén: José María San Juan, “El ruído y el sol”; Elena Quiroga, “La última corrida”; Ramón Pérez de Ayala, “Política y toros”; Ramón Gómez de la Serna , “El torero Caracho”; Federico Oliver, “Los semidioses” e “La coronada”; Manuel Machado “Fiesta Nacional”; Federico García Lorca “Llanto por Ignacio Sánchez Mejías”; Rafael Alberti, ”Corrida de toros”; Miguel Hernández, “Llamo al toro de España”; Gerardo Diego, ”La suerte o la muerte”; José María Pemán, “Tarde de toros”... Uf, paro que me canso. De compositores musicais, escultores, pintores e cineastas vamos a pasar nesta ocasión, porque estou vendo que me vai a marchar o autobús e aínda non rematei. Teño que confesar que despois destas liñas eu sigo vendo a Cela Camilo dando pases; non sei se vos ocorre o mesmo. Para que o nomearía? Unha vez convocado no hai quen o saque das costas. Como dato adicional sobre o coloso galego, comentar que Camilo Polifacético, dependendo da hora do día, tamén cantaba tangos por Roberto Goyeneche. Que arte.

Sánchez Dragó, no seu libro “Gárgoris y Habidis. Una Historia mágica de España” fálanos, entre outras cousas - Fernando era de moito falar, e de non pouco facer-, dese antepasado do touro actual chamado Uro que viviu na Península hai miles de anos e de como os seus poboadores xa os saltaban daquela, coma se fosen fogueiras de San Xoán en movemento. Digamos que Fernando aborda o asunto fantaasticamente- ou sexa mitolooxicamente-, posto que fai referenza incluso a Atlántida sen esquecerse do Minotauro e do heroe Teseo, nin da sangue das princesas derramada, alá pola Idade Media, no pano branco que logo utilizaría o diestro - ou o zurdo, porque habería tamén toreiros zurdos, digo eu. Non sei- para guiar ata a morte ao astado. Este libro recoméndovolo con sinceridade. E con sinceridade tamén vos digo que de certo marchoume o bus.

- Taxi!

Máis artigos de Abraham Trillo

 

Comentarios