Domingo. 07.03.2021
El tiempo
Alberto Pose
07:20
14/08/13

A Liga de Intermunicipios de Bergantiños cambia de directiva e busca novos equipos

A Liga de Intermunicipios de Bergantiños cambia de directiva e busca novos equipos

A organización que levaba varios anos dirixida por Manolo da Peña Cances e Suso García, do Cereo CF, cambia de dirixentes. A nova directiva queda conformada por Christian Mallo e Pablo Añón do Sporting Brea, Ricardo Rey do Clube Deportivo Rus e Juan da Peña A Piña.

Os novos dirixentes abriron un prazo de inscripción, ata finais de mes, para a incorporación de novos equipos e para que os conxuntos que xa formaban parte da liga confirmen a súa continiudade.

Os requisitos para formar parte desta competición son os seguintes:
- O importe da inscripción do torneo é de 120€, arbitraxes e sancións aparte. Cada arbitraxe terá un custo de 45€. Mentras que no apartado de sancións, as tarxetas amarelas pagaránse a 1€ e os cartóns vermellos terán un importe de 3€.
- Os equipos terán que disponer de campo para poder disputar os seus encontros como local.
- Todos os conxuntos poderán dar de alta a 22 xogadores, como máximo.
- De momento, a liga tan só conta coa baixa do Sporting Seaia, que esta tempada pasouse ao fútbol federado e competirá en 3ª rexional.

Por tanto, se non hai novidade, os equipos que conformarán a competición esta tempada son: Sporting Brea, Cereo CF, Xornes, Valenza, Cances, Peña Galicia, CD Rus, Oza, Laxe, Baldaio e A Piña.

Para inscribirse na Liga de Intermunicipios de Bergantiños podedes poñervos en contacto coa organización a través do facebook: http://www.facebook.com/ligadepenas.carballo ou no número de télefono 669947751.


Novas relacionadas

Máis artigos de David Castro

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Máis información

Artigos relacionados

Fonte

comentarios