Luns. 14.10.2024
El tiempo
Alberto Pose
08:45
02/01/14

Gracias Ángel, por darlle tanto ao Fútbol da Costa

Gracias Ángel, por darlle tanto ao Fútbol da Costa
Angel Garrido facendo o saque de honra na sua homenaxe-Foto-David Castro

José Ángel Garrido Suárez foi, é e será unha persoa desas chamadas de fútbol e sobre todo, de clube. Toda a súa vida estivo dedicada ao equipo cerquedán xa no vello campo de Os Petóns, no cal Ángel tanto collía o carriño para pintar coa cal como cortaba o céspede, entre outras cousas, ao igual que nesta última etapa en Xaviña.

Foi un home que pasou por todas as posicións da xerarquía dunha institución deportiva: xogador, adestrador, delegado, directivo e presidente. E en todas elas, deixou unha profunda pegada e se fixo querer por todos os que o rodeaban.

ANgel Garrido con Javier Souto-Foto-UD Cerqueda

O gran Ángel Garrido comezou como xogador da Unión Deportiva Cerqueda en idade xuvenil, con 16 anos, exactamente. No ano 1992, refundaría o equipo ao lado de Javier Couto, co que traballaría codo con codo para sacar adiante este novo proxecto de categorías base federando os conxuntos de cadetes e xuvenís.

Con Ángel no clube, o Cerqueda a piques está de gañar unha liga en categoría cadete tras empatar a puntos co Atlético Mineiro, que sería finalmente o campión por ter mellor diferencia de goles. E nos últimos anos, cando xa ocupaba a presidencia o equipo senior quedouse as portas do ascenso á 2ª autonómica en dúas finais da fase de ascenso.

A finais da tempada pasada, o eterno presidente do Cerqueda decidiu abandonar o cargo xa que o desgaste foi moito logo de tantos anos ao pé do cañón. E este pasado domingo, 29 de decembro, a actual directiva decidiu darlle a este home a homenaxe (ver vídeo) que se merece cun partido entre a plantilla desta tempada e un equipo de ex-xogadores da UD dirixido polo propio Ángel. O homenaxeado sería o encargado de facer o saque de honra antes de comezar o encontro. Ao remate do partido, o actual presidente, Roberto García, faríalle entrega a Ángel dun detalle de barro.

Gracias Ángel por darlle tanto ao fútbol da Costa.

Familia completa da UD Cerqueda na homenaxe a Angel Garrido-Foto-David Castro

Novas relacionadas

Outras entrevistas de David Castro

Máis entrevistas

Fonte

Comentarios