Luns. 03.10.2022
El tiempo
Alberto Pose
19:24
05/06/12

Momentos difíciles nas Directivas do fútbol da Costa

Momentos difíciles nas Directivas do fútbol da Costa

Ser presidente e directivo dun clube de fútbol, indistitamente da categoría, é unha labor moi pouca valorada. Pero ademais é unha labor que non che permite, por exemplo, ter tempo para a familia, xa que todos os domingos hai que estar a pé do cañón.
Isto, sen contar con que a situación económica do país está como está. A escaseza de apoio de patrocinadores e institucións públicas é mais ben nula facendo que toda labor dende as directivas se convirta nunha verdadeira odiesa.

Quero pensar que estes son os motivos das desaparicións de clubes que se están dando este ano e tamén da incertidume que viven outros na procura de persoas que se fagan cargo da súa xestión.

Un destes casos é o do Pereiriña, un equipo que ata hai ben pouco estivo loitando por ascender a 2ª Autonómica, e agora, desaparece. A min dame moita pena pero é o que toca... Un equipo que foi filial do U.C. Cee, pero nin así. Estou seguro que loitarán ata o final para conseguir a súa supervivencia, pero haberá que ver que acontece finalmente.

No caso do Pindo debeu pasar algo parecido. Ademais da situación deportiva que vivíu este ano con varias comparecencias cos xogadores xustos, a Directiva estaba bastante soa, con moitos traballando fóra, así que renuciaron ao cargo e pode que esta semana dean de baixa ao clube. Aínda me lembro do meu debut como entrenador do Cerqueda enfrentándome a este equipo cun ambiente espectacular, cas bancadas de Lombáns cheas e animando ao seu equipo. Nunca pensei que esa euforia e paxión acabarían así. O caso é que mantela é moi difícil co paso dos anos, pero por aí é por onde creo que pasa para manter vivo un clube.

Ao principio desta crónica tamén falaba da situación doutros equipos que están a espera de saber se alguna persoa se fai cargo da súa dirección. Por exemplo o Soneira, un equipo en Preferente que coa marcha do seu presidente atópase nun momento delicado á espera de Directiva.
Ou o que está a pasar en Santa Comba, o concello pide a fusión do Xallas e Santa Comba para asegurar a súa supervivencia.

Son momentos dificiles e o fútbol está a pasar por un momento complicado. Con todos os presidentes que falo, dinme o mesmo: "Este ano hai que cambiar cousas". Pero que?!

Tamén me gustaría comentar que hai equipos que desaparecen pero tamén xurden iniciativas novas para a creación de equipos novos. Cousa inusual, pero a Costa é a Costa. É singular, rara... Espero que estes novos equipos que poidan xurdir sean capaces de sobrevivir a esta crise futbolística, porque se a estes lle vai ben tamén lle irá ben ó #futboldacosta.


Máis artigos de Alberto Pose

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

comentarios