Queremos sanear o Fútbol da Costa?
Está enfermo o Fútbol da Costa? Sorprendente e reflexivo titular aparecía a semana pasada en QPC. Un titular que facía falta para deixar ver eses pequenos males que temos no noso deporte. Non todo vai ser perfecto no noso fútbol, e é certo que hai uns pequeñnos `erros` que, en todo caso, non escurecen o tesouro que temos co fútbol costeiro. Creo que non fai falta que expoña neste artigo o porqué desta afirmación, pero o que si me atrevo a dicir é que o noso tan querido fútbol está doente, e grave. E sabedes por que?
Porque nestes momentos de crise, os recursos económicos escasean e cada día a labor das directivas faise máis e máis complicada. Só fai falta mirar cantos equipos costeiros están pendentes de cambio de directiva a día de hoxe.
Por iso, creo que é o momento de unirse, de deixar de facer a guerra cada un polo seu lado, xuntarse dunha vez, pegar un golpe encima de mesa e crear unha Asociacion de clubs como Dios manda, e como o fútbol costeiro merece.
Señores, temos un fútbol de 10, envidiado en toda Galicia. Un evento, como a final da Copa da Costa que é espectacular, unhas afeccións impresionantes, unha Gala do Futbol da Costa - QPC que vertebra a zona dende Outes ata Malpica, un Combinado da Costa que compite cos grandes do fútbol galego…
E podería ser máis aínda, se nos xuntamos. Xuntémonos, traballemos xuntos, aportemos ideas. Todos e a loitar polo noso, para que sexa máis forte, máis respectado e que cando a Asociación de clubs da Costa fale en calquera institución, nos fagan caso.
A Asociación ten que nacer aglutinando a todos os equipos, xogadores, directivos, afeccións… Ten que falar cas institucións para conseguir subvencións e investilos nos clubs, porque hai que coidar e sanear os clubs. Hai que falar de plans competicionais, por suposto, pero iso non depende tanto de nós, e as cousas hai facelas paso a paso, pero non podemos estar parados máis tempo, sen un representante oficial.
Eu estou disposto, e vós?? Quen se anima????
Novas relacionadas
Outros artigos de Alberto Pose.
- O premio á eterna humildade.
- Unha fiestra aberta para acoller Campionatos Nacionais na Costa da Morte.
- Pode a Costa da Morte albergar un Campionato Nacional de Fútbol?.
- Da ilusión que xeneran os cromos da Costa.
- A miña homenaxe a un deses Presidentes que fan grandes o fútbol da Costa.
- Por motivos xeográficos.
- Do auténtico fútbol da Costa. Con Manolín.
- Xa está de volta a Champions League do fútbol modesto.
- Da inmensa cobertura informativa do #fútboldacosta.
- Filiais na Costa?.
- Mangouras, a cabeza de turco.
- A armada costeira do Cerceda.
- Crise no fútbol da Costa?.
- Momentos difíciles nas Directivas do fútbol da Costa.
Fonte
- Alberto Pose para QPC ([email protected]).