Venres. 26.04.2024
El tiempo

Está enfermo o Fútbol da Costa?

Está enfermo o Fútbol da Costa?

Chégannos estes días numerosos rumores dos chamados “maletíns” relativos ao fútbol costeiro. Se ben non chegan a “sobres”, e boa parte deles non pasan de rumores, hai outros que nos chegan directamente de adestradores. Adestradores cos que levamos tendo un longo trato nestes anos nos que QPC cobre o día a día do Fútbol da Costa, e que queren loitar contra esta lacra, que eles mesmo califican de “enfermidade”.

”Está enfermo o fútbol da Costa”, dinos algún míster que non acaba de comprender a chamada dun xogador dun equipo que non se xoga nada pedindo cartos para poder así dalo todo no seguinte partido ante un rival que pelexa cos de arriba. Unha chamada que colle ton ameazante nun momento, en clave de “ou pagas ou reservamos a xente para a Copa”…

”Parece que intentamos copiar os comportamentos máis imbéciles do fútbol profesional”, dinos outro adestrador dun equipo na zona morna, que xusto antes de empezar o choque recibía a proposta dun delegado contrario para deixarse gañar.

Sempre se fala dos grandes maletíns que corrían hai anos, pero é que vivimos momentos nos que temos visto de todo. Un empresario dun club acusado de pagar publicidade atrasada a un equipo para que empregue os cartos en ficharlle un xogador clave a un rival directo; colexiados que no campo lle preguntan aos xogadores aquelo de “Pero se non vos xogades nada?” pois non entende porque están pelexando tanto se non teñen nada en xogo; directivos que ofrecen meter só xuvenís para os últimos partidos...

”Aquí gusta moito a tontería das fichaxes, dos amaños… pero de adestrar nada”. I é que aínda non falamos dos “soldos” dos xogadores. que haia varios xogadores nun equipo que cobran 500€ ao mes é algo máis que habitual na Liga da Costa, si na 2ª Autonómica. Aparte as primas por gañar, claro, que poden rondar os 50-60-100€ por partido gañado. Son poucos os equipos que apostan pola canteira e pola xente da casa, pero deberían cundir como exemplo para un fútbol que parece que estamos pervertindo.

Ah, e claro, o da liorta en Camariñas, (en categoría xuvenil!!), merecería un caso aparte…

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios