Sábado. 04.05.2024
El tiempo
Alberto Pose
09:25
12/01/11

Unhas conclusións sobre o 2010 na 3ª da Costa

Unhas conclusións sobre o 2010 na 3ª da Costa
En primeiro lugar gustaríame felicitar o ano novo a toma a familia de Quepasanacosta. Xa que estamos comezando o ano, quería facer unha valoración de como esta agora mesmo a clasificación e se xa podemos sacar alguna conclusión do que nos podemos esperar no final de tempada. No máis alto da táboa segue o Mazaricos, que xa era un claro candidato ao principio de tempada, e co paso do tempo os de Periscal continúa confirmándoo. Tamén outro candidato a estar na parte alta da táboa non nos defraudou. Falo do Nantón, que mantén o segundo posto a esta segundo a 2 puntos do lider. É posible que estes últimos resultados colleitados cortaran unha traxectoria moi regular e moi diferente a de anos anteriores na que os de Luis pegaban o sprint no tramo final da competicion. O 3º en discordia e o Cerqueda. Creo que ninguén contaba velo aí a estas alturas de competición, que estivera tan ben posicionado e que tivera unha regularidade tan boa sacando tan bos resultados como cando se enfrenta a rivais que loitan con el por meterse en postos de ascenso. Só pode darlles a noraboa aos meus veciños. Por detrás destes tres equipos está o Corcubión, tan só a 5 puntos dos de Rochi. É probable que as baixas sufridas polos de Manín, sobre todo na portería, puideran ter influido nalgún resultado, pero aínda así están moi cerca dos postos de privilexio. Despois ben un grupo de equipos que andan na vintena de puntos onde resalto a presencia do Coristanco co 31 puntos. Os de Dasilva están facendo unha boa campaña que lles dará dereito a pelexar ata o final por meterse en postos de arriba. Tamén os acompañan o Lira, o Muxía de Romaní, i é que xa dicía eu que o Muxía con el é un conxunto diferente e moito máis competitivo. Temos aínda máis arriba tralo encontro desta pasada fin de semana co Coristanco, ao Cabana de Chema Eirís, onde parece que este ano a aposta polo ascenso é clara e está loitando por elo. Xa por detrás destes equipos ven o Outes por exemplo, que parece  que este ano deportivamente non está a ser o mellor pero a afección sigue indo ao campo e a confianza en Manu Roque é total, algo moi positivo porque estou seguro que se o deixan traballar dará os seus froitos. Tamén teño que falar dos equipos de recente creación e o ben que se están adaptando á competición. Está claro que uns mellor que outros pero o que importa e que todos os estamentos do clube collan experiencia. Tamén está o Muros B, único filial da liga. Non podo valorar os resultados porque creo que o obxectivo dun filial é outro pero si podo decir que a marcha de Nieto non é boa porque penso que o filial debe ter unha estabilidade. Con isto, diosmelibre de criticar a chegada do novo míster, porque Xua non ten nada que demostar no futbol costeiro. Neste ano había equipos que cambiaron moito con respecto ao ano pasado. Un deles foi o Pereiriña, os resultados non están a ser bos pero os de Cee están a empezar de novo o proxecto e seguro que estarán na parte alta, tendo en conta que lle vai sentar de marabilla ser filial do Cee. Gustaríame acabar esta crónica falando do Corcoesto. Isto que vou comentar vai para toda esa xente que fala do fútbol da 3ª con desprecio e fala tonterías dos equipos que nela compiten. Pero o que fan os rapaces de Corcoesto é de 10. Custoulles saír a competir este ano pero ao final fixerono; tiveron lesións graves e ademais en postos determinantes e aínda así seguiron xogando ao fútbol, que é o que máis lles gusta e sacando resultados como por exemplo o empate sacado no derbi do concello ante todo un Nantón. No fútbol os resultados non o son todo, hai outros valores e vendo o que fai o Corcoesto, todo o fútbol da Costa debería tomar nota desa amizade, esforzo, bondade, etc. A seguir así Pablo, Suso, Edelmiro, Germán e toda a familia cabanesa.

Crónicas de Alberto Pose

Crónicas de Manuel Varela

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios