Venres. 15.11.2019
El tiempo
Asociación Sonlilá
09:32
17/10/19

O amor romántico, unha ferramentas máis poderosas do patriarcado para someter ás mulleres

O amor romántico, unha ferramentas máis poderosas do patriarcado para someter ás mulleres

As mulleres non somos sufridoras por natureza, pero ensínannos dende pequenas os roles de sumisión que farán que o sexamos.

O amor romántico é unha das ferramentas máis poderosas do patriarcado para controlar e someter ás mulleres.

Non é certo que quen ben che quere fará que chores, nin que os que pelexan son os que máis se desexan, nin que do amor ó odio haxa un paso.

Os adultos rin e parécelles normal que un neno moleste e faga rabiar ou maltrate á nena que lle gusta, normalizando deste xeito a violencia, en vez de decirlle que ten que tratala ben e respectala, e que si él non lle gusta a ela ten que aguantarse.

Temos que contar outros contos, darlle a volta ás historias, eliminar ós príncipes azuís e ás desvalidas princesas rosas.

Non é certo que a Bestia teña a beleza no interior cando secuestra, maltrata e somete a Bella, nin é certo que ela poda transformalo nun príncipe precioso coa forza do seu amor. Bestia é un maltratador e un sádico. E non podemos facerlle crer ás nenas que para conseguir o amor verdadeiro hai que sufrir moito, aguantar moito e pasalo moi mal.

Dende pequenas vemos ás mulleres máis cercanas (nais, tías, avoas, veciñas) ás que non lles gusta o seu físico, sempre facendo dietas, intentando perder quilos e sufrindo por estar guapas. Fannos crer que os nosos corpos son imperfectos e temos que machacalos para que sexan como a sociedade quere.

Non nos ensinan a querernos a nós mesmas.

Na escola aprendemos que as mulleres somos inferiores aos homes, que os xenios da música, a ciencia, o deporte, os grandes exploradores e os grandes persoaxes da Historia, son homes. As mulleres están silenciadas e borradas nos libros de texto.

É responsabilidade de toda a sociedade, nais, pais, escola, medios de comunicación, publicidade, creadores e creadoras de música, literatura, de todas as artes, cambiar esta educación sexista baseada no sufrimento e na competición, por outra que nos dea as ferramentas para aprender a comunicarnos e relacionarnos sen violencia.

É necesaria a cultura do BO TRATO porque o amor contrúese dende a liberdade.

ARTIGOS DE SONLILÁ EN QPC

NOVAS RELACIONADAS

comentarios