Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Noite Violeta na Costa da Morte: “Querémonos vivas e querémonos seguras”

As mulleres da Buserana e as Curandeiras de Vimianzo na Praza 8 de Marzo de Cee na Noite Violeta-Foto-Rafa Quintans
As mulleres da Buserana e as Curandeiras de Vimianzo na Praza 8 de Marzo de Cee na Noite Violeta-Foto-Rafa Quintans
Noite Violeta na Costa da Morte: “Querémonos vivas e querémonos seguras”

O triple asasinato machista de Valga acendeu a Emerxencia Feminista en todo o país. Así o demostraron o pasado mércores a cidadanía de Carballo, Carnota e Cee. E así se deixou claro na Noite Violeta, celebrada onte en 200 cidades e vilas de toda Galicia. Non fallaron Cee, un dos focos máis comprometidos con esta loita, e Carnota, que semella convertirse noutro lugar de reivindicación.

Gracias á implicación da Organización Feminista Buserana, que xa cumple 20 anos ao pé do cañón, como da Asociación Sonlilá, de recente creación pero que irrumpe con grande influencia na sociedade carnota.

Xuntas, as mulleres queren deixar claro que se negan rotundamente a vivir co terror, despois tralo aumento das violácións grupais, asasinatos, parricidios, trata, pederastia, extorsión, desaparicións…

SonLilá mobilizando Carnota

SonLila na Noite Violeta de Carnota

Preto dun centenar de persoas, ataviadas de negro, con prendas violetas e coas linternas da secundaron a convocatoria da nova entidade, demostrando que Carnota tamén ten gañas de demostrar a súa indignación ante os atentados machistaas que asolagan a nosa sociedade.
”É normal que durante o mes de xullo fora asasinada unha muller cada dous días?, Non é grave que os delitos sexuais en España creceran un 50% en xullo e agosto?”, preguntábanse.
”Esta noite non estamos solas, non volvemos solas, non nos sentimos solas; a luz violeta hoxe aluma as rúas, aluma os nosos pasos. Son pasos firmes que camiñan cara diante, somos as mulleres reclamando que se cumpran as nosas esixencias para que o Estado de Emerxencia non protagonice as nosas vidas”, explicaron no manifesto.

Noite Violeta en Carnota

As mulleres da Buserana e as Curandeiras de Vimianzo mobilizando a comarca de Fisterra

Noite Violeta en Cee-Foto-Rafa QUintans
Fotos de Rafa Quintáns en Cee

A praza 8 de Marzo de Cee tinguise de violeta (o Concello puxo unha luz sobre a estatua feminista e apagou as farolas, e a alcaldesa non faltou á cita), e as mulleres da Buserana e as Curandeiras de Vimianzo fixeron todo o ruído que puideron con chifres, pandeiretas, móbiles coa luz lila... “Ruído e luz na noite!” facendo valer a imparable forza do feminismo na nosa sociedade.

"Aquí estamos, unidas co mesmo propósito, para pedir medidas e medios para que se nos respecte e para erradicar a lacra do machismo que non fai máis que debilitarnos e matarnos. Querémonos vivas e querémonos seguras! Na casa, na rúa, no traballo, na escola, onde queiramos e á hora que sexa”, berraron.

BUseranas na Noite Violeta de Cee-Foto-Rafa QUintansNoite Violeta en Cee-Foto- Rafa QUintans 2
​Fotos da Noite Violeta de Cee de Rafa Quintáns

Novas relacionadas

Máis novas

Reportaxes

Comentarios