21 O
O grande Julio César (-100 ao -44 AC) probablemente o personaxe máis citado, do que máis se ten escrito en serio ou ficción, o emperador que nunca o foi, o líder militar sen escrúpulos autor da masacre de Alesia. Ese si, o Romano por antonomasia, viviu un momento similar ó que galegos e galegas, todos os españois en xeral, temos diante o próximo domingo 21.
César, recén chegado de nove anos de campañas na Galia se atopa á veira do Rubicón, o río que marca a fronteira entre a cidade de Roma, capital do mundo, e o resto do imperio, xusto despois de que o triunvirato que gobernara o imperio veña de caer trala morte de Craso. César e Pompeyo miden forzas (ao estilo romano antigo, e dicir, a hostias) e chegados a este punto César, que segue sendo un auténtico fedello para a elite dirixente romana, ten dúas opcións; a primeira exiliarse, quedar máis aló do río e someterse á vontade de optimates e demais fandango. A segunda, máis dura e grave, romper coa lei romana e cruzar o río para enfrontarse ás lexións romanas nunha pura e dura guerra civil.
César teno claro. Pisa o río e mirando as súas lexións, as bravas vencedoras da conquista da Galia cita a famosa frase “Alea jacta est”. A sorte esta botada.
Deste acto de César nacen moitas cousas. A primeira, a guerra civil que acaba con Pompeyo morto anos despois en Exipto. A segunda, que dende entón cando alguén debe tomar unha grave e determinante decisión se di que debe “pasar o Rubicón”.
Galicia, os galegos e galegas deben pasar o Rubicón o próximo domingo. E nin sequera todos. So os do PP. Ata hai uns anos, os que na súa man tiveron equilibrar e desequilibrar a ficticia balanza política en Galicia sempre foron fieis, masivamente fieis, a un xeito de entender o país, conservador, “de pobres para ricos” e submiso o xeito caciquil e clientelar de entender a política dun partido fascista e antidemocrático.
Os votantes do PP entenderon, e debo darlles a razón, que Galicia non merece máis porque nada máis nunca se lle ofreceu. Os políticos de altura non existen na dereita nin na esquerda moderada dende os anos 30 e aqueles, os da década dos 30, remataron por estragar o país enleados nunha guerra civil. Nunha que nada tiña que ver coa de Cesar e Roma de fai unas liñas.
Tranquilos. Nada de guerras. Nada de experimentos. O votante do PP en este caso é, basicamente, como aquel paisano que pasaba polo camiño e, o cruzar un balado, recibía unha vareada do parvo da vila que, subido a un muro, se dedicaba a saudar así os veciños. Pasou unha vez e recibiu, pasou dúas e levou de novo. Pero a terceira… ninguén entendería que pasase unha terceira vez, a que non?
“E que fago?, Que te cres que os outros son mellores?, a quen lle voto senón?”.
Ben, non deixa de ser unha boa pregunta. Vouna respostar. Me-importa-un-pemento.
Nin eu nin ninguén son quen para dicirlle a ninguén a quen debe votar, entre outras cousas porque eu non son do PP. Nin do PSOE. Nin do BNG. Nin de nada que cheire remotamente a organización con ánimo de lucro que viva dos meus impostos sen producir nada en absoluto. Non.
O que si sei e dicirlle a quen non debe de votarlle. Por favor, por Cristo, polo máis sagrado. Polos seus fillos, polos netos, pola pensión, polo monte e polo mar, polo país ou porque o país non se afunda mais aínda. Polo que máis queira, paisano/a. Vaia a votar, pídollo, implórollo. Pero, por favor, non lle vote o tipo de vara subido no balado. Por Dios, fágame caso señor/a. Non lle vote o PP.
Deixe que o país cruce dunha vez o Rubicón.
A votar.
- José Luis Louzán (louzan[arroba]quepasanacosta.gal).
Verdades
- Persoas.
- Estado policial.
- Cans.
- Liderado.
- O Mal Goberno.
- 25 anos despois.
- BCE.
- Dez cousas que non teñen xeito.
- As liñas vermellas.
- Grandes Penalidades.
- Sete centímetros.
- E agora que?.
- Mediocres.
- Dimisión.
- Eufemismos.
- Os que mandan.
- Non chegarán.
- Agustín acredita nos Mayas e outras historias.
- Fauna.
- Zozobra.
- Folga.
- Fe.
- 99 non é 100.
- Calma chicha.
- Ánimo Ramón.
- A Fuxida.
- A nosa maior prioridade.
- Imputados, témolos a eito.
- Fraga. A Costa é miña.
As Verdades como puños de José Luís Louzán
- Talibanismo.
- Totalitarismo.
- Apatía.
- Constitución. Solutions.
- Pesimismo Vs Optimismo.
- PPSOE.
- Agora que sabemos a verdade.
- Mercenarios.
- JMJ.
- Spitzer.
- Deberes.
- O Dilema.
- Pérez.
- AA.
- Mouseland.
- First Lady.
- Feitos.
- Cálculo Mezquino.
- Saqueo Vikingo.
- Medidas cautelares.
- A memoria.
- Neutral.
- Falso.
- Cómplices Silenciosos.
- Tufillo.
- Podre.
- Dinosaurios.
- Pese a quen pese.
- Nestes días tan terribles.
- Indiferenza.
- A estafa.
- Fascismo.
- Municipais
- Marbella.
- Cuestión de tempo .
- Falsas aparencias.
- Despilfarro.
- Envexa.
- Shackleton.
- A fin da sociedade civil.
- A Resposanbilidade.
- Tabaquismo.
- Por que?.
- Solutions. Medio ambiente e enerxía.
- Liberais Contra conservadores.
- Solutions. Economía.
- Entelequia.
- Liderazgo.
- A Patronal.
- Fuxir da poliarquía.
- Intrigado.
- Lobos e ovellas.
- Límites xeográficos.
- Volver.
- 110 veces despois.
- Vacacións.
- Errores de bulto.
- Iluso.
- É nosa.
- Máximo de Hubbert.
- Sentenciados.
- Euforia.
- Sociedades Inflamables.
- Servil e ignorante.
- Colapso.
- Nos mundos de Yupi.
- “Agallas”.
- O Circo das Pulgas.
- A fin dos moderados.
- Ilusión de movemento.
- “Aínda que pareza mentira…”.
- A Ignorancia.
- Síntoma.
- Porque lle chaman lei cando queren decir cachondeo.
- Ruanda.
- Naves de Marte.
- Realismo Vs Optimismo irracional.
- Nunca Xamáis.
- A débeda.
- Clamor.
- Debates estériles.
- Irresoluble Problema.
- SERGAS S.A..
- Tópicos e presuposicións.
- A Praza que nos separa.
- Alzheimer público.
- Falando o valeiro.
- Desistencia de autoridade.
- Conspiranoia.
- Piratas a bordo.
- Esquizofrenia política.
- Conciencia.
- Papel mollado.
- O vaso medio cheo….
- Patrimonio do Estado?.
- Perversión.
- Unicamente naquel lugar.
- “Nenu, Que mala es la Dronga”.
- Un modo distinto de gobernar.
- Postais.
- O Complexo de inferioridade.
- Summer in the city.
- Todo necio confunde valor con precio.
- Os “Salvapatrias” .
- Infamia.
- Amigos.
- Baixo a tiranía da ignorancia.
- Dereitos.
- Event Horizont.
- Non me gusta a túa musica.
- Falsas apariencias.
- Evidencias que nos matan.
- Cidade sen lei.
- O dia de.
- A noite do cazador .
- O asombroso caso da urbanización pantasma.
- A venda nos ollos.
- A utopía Democrática do mundo de nada .
- A delgada liña vermella .
- Unha chispa de luz no lugar máis aburrido do mundo .
- Os catro pilares do desastre .
- A triste realidade de cada día .
- Eu non son Anxo Quintana.
- Dúbidas Razoables.
- A mente sobre a materia.
- Todos vivimos na política.
- O progreso.
- Xente corrente:
- A Responsabilidade.
- Terra de miserables.
- Escaso prezo.
- I have a dream.
- A Constitución de todos?.
- Corralito.
- Un país metido nunha fosa.
- Categorías.
- A delgada liña.
- Notoriedade.
- Autoritas.
- Onde vas Alfonso XIII? IIª parte.
- Onde vas Alfonso XIII?.
- O sentido da medida-
- Estamos concentrados.
- A Espeleoloxía é unha ciencia.
- Que verde era o meu val.
- Tórrido verán.
- Carta aberta a D. José Bono Martínez, Presidente del Congreso de los Diputados..
- En realidade todos son iguais.
- Don Cretino e a grande tarta do Rei.
- Cuestión de principios.
- Ás veces dáme moita vergoña ser de Cee.
- Ignorantes Consentidos.
- Punxsutawney Phill.
- Bandeiras dos nosos fillos.
- 200.000 m2.
- A hora das depedidas.
- Longo Abril de chuvascos.
- Leis para nada.
- A fin da Inocencia.
- Chiringuitos.
- “Había una vez, un circo….”.
- Agora vai parecer que esto son as Seychelles.
- Sobre a erótica do poder e de como “aplicarse o conto”.
- Porque os chaman impostos cando queren dicir roubo?.
- Verdades como puños: Unha breve introdución.