Antecedentes da Guerra de Independencia na Costa da Morte (VI): Enfrontamento do alcalde de Corcubión, Bartolomé Figueroa Porrúa co axudante de marina, Manuel Barruti
10:20 09/03/12
Cando fixemos referencia, en anteriores entregas, á elaboración dun primeiro plan de defensa, por parte do concello de Corcubión, no mes de xuño de 1808, poidemos comprobar como éste atopouse con reticencias por parte dos diferentes sectores implicados. Nunha sociedade como a de 1808, na que estaba claramente definido o papel que xogaba cada estamento e cada órgano de mando, a postura das autoridades civís de Corcubión, tendente a exercer un liderado nun tema que excedía claramente das súas competencias, provocará importantes desencontros entre persoas e institucións que necesariamente tiñan que entenderse.
Unha das disputas máis sonadas, e que seguiría aínda latente unha vez pasada a invasión napoleónica, foi a que mantiveron o alcalde e xuíz accidental, Bartolomé Francisco Figueroa e Porrua co axudante militar de marina do distrito, Manuel Barruti. Na semana que vai do 30 de xullo ó 5 de agosto de 1808 tivo lugar un intenso cruzamento de correspondencia entre os dou homes. Ademáis da curiosidade que poida producir en nós, este feito en sí revela as malas relacións existentes entre eles, xa que un tema que debía resolverse nunha conversa cara a cara, máxime tendo en conta que ambos vivían na mesma vila, derivará nun intercambio de opinións ata en cinco ocasións para rematar en data de 20 de agosto cunha queixa do alcalde corcubionés á Xunta Suprema de Galicia. Nesta incluso, a modo de chivatazo, acusará a Barruti de “resistirse a que en las casas de posada y mesón de esta villa pertenecientes a la marina por ser los dueños matriculados o viudas de tales, se aloge la tropa que viene aquí, y sus oficiales, llegando a tanto su despotismo, que además de no permitir alojar en dichas casas, trata mal a la xusticia y sus ministros de palabra, burlándose de todos, lo que pongo en noticia de V.A.S. para que se digne determinar en todo lo que sea más proporcionado...”.
O desencontro ven derivado do celo co que Barruti defende ó seu colectivo, o dos matriculados e tamén do que el entende é unha intromisión do alcalde nas súas propias funcións. Todo este problema ten a súa orixe na decisión da Xunta de incluír ós matriculados no alistamento para o próximo reemprazo do exército “supuesto que no haviendo necesidad de armamento alguno naval, quedarían de otra suerte sin ser útiles y recaería todo el peso y gravamen sobre las demás clases...”. Esta orde pásase ó capitán xeral de marina do departamento de Ferrol para a súa difusión e coñecemento. E así, unha vez que Barruti recibe comunicación da mesma, inmediatamente envía notificación ó alcalde e presidente da Xunta de Corcubión. Na contestación deste último é onde xurde o conflito: “...reciví el oficio de vuestra merced inserta la Real Orden de S.A. El Serenísimo Reino de Galicia por que fue servido determinar que los matriculados de la hedad de 16 a 40 años sean alistados para el reemplazo del exército... sírvase vuestra merced dar orden a los cabos de marina para que me comparezcan los matriculados que devan ser alistados”.
A resposta de Barruti será rápida, clara e contundente: “...para quando llegue el caso de que la superioridad le prevenga se haga nuevo alistamiento de gente, y uso de ella, remitiré a vuestra merced la lista individual de los de esta matrícula que devan ser comprendidos con arreglo a ordenanza y últimas órdenes que deven regir dicho alistamiento, que es todo quanto devo decir a vuestra merced en contestación a su posdata de ayer...”.
Barruti actúa desta maneira xa que se sinte traizoado polo alcalde. Na súa primeira carta comunicáballe que para un próximo alistamento entrarían os matrículados pero en ningún momento se dí que éste teña que ser feito de inmediato, como pretende o alcalde de Corcubión, que ocasionaría así un grave perxuízo ós mariñeiros. A resposta de Barruti non agradou a Bartolomé Figueroa e Porrua que xa avisa de que poñerá os feitos en comunicación de instancias superiores pola “...clara evidencia de que vuestra merced se niega dar órden a los expuestos cavos de mar para que efectuen dicha comparecencia a fin de proceder al alistamiento de los mencionados matriculados en el dia por lo que pueda ocurrir...”. A carta remata con outra orde na liña da anterior: “...mientras que la superioridad no determina otra cosa puede vuestra merced suspender dar lizencia para navegar a todos los que devan ser comprendidos en el alistamiento...”.
Na súa última resposta, Barruti expón con toda claridade o seu modo de pensar e actuar nesta cuestión deixando clara a súa vontade de colaborar co cumprimento das reais órdes cando éstas sexan oficiais. Así bótalle en cara ó alcalde a lealdade que desde un primeiro momento el lle ten manifestado, informando con toda puntualidade das diferentes comunicacións que recibe pola vía da marina. Pola contra, non entende o interese do alcalde en facer de inmediato o alistamento de matriculados: “...pero el empeño de vuestra merced en hacer combocatoria de matriculados, extra de ser una vejación para estos, le contemplo un trabajo sin necesidad, interin rijan las listas reales de esta Ayudantía de Marina de mi cargo, en las que se halla con la maior pureza el asiento de cada individuo, su hedad, estado, y servicios...”.
Finalmente, Barruti tampouco comparte a orde de suspender a licenza para navegar así que ó alcalde non lle quedou outra vía que expresar a súa queixa á Xunta, adornando en exceso un suposto mal comportamento do axudante de marina, tal e como xa dixemos ó principio deste artigo. Esta liorta dialéctica quedaría en nada xa que as autoridades de mariña coñecían ben o traballo de Manuel Barruti na súa demarcación. Os acontecementos da historia soen poñer a cada un no seu sitio e cando en abril de 1809 os franceses invadiron Cee e Corcubión, mentras o alcalde e os seus compañeiros fuxían, Barruti estivo ó frente das lanchas cañoneiras defendendo as dúas vilas mentras lle foi posible, con moito risco da súa vida e da dos seus subordinados.
- Víctor Castiñeira (vmcastineira[arroba]quepasanacosta.gal).
Novas relacionadas
- Espallando a historia da Costa da Morte polas escolas da bisbarra.
- Unha viaxe histórica pola época medieval con Víctor Castiñeira.
Especial Guerra da Independencia
- Antecedentes da Guerra de Independencia na Costa da Morte (I): A creación das Xuntas en 1808 e os primeiros movementos.
- Antecedentes da Guerra de Independencia na Costa da Morte (II): O primeiro plan de defensa para as vilas de Cee, Corcubión e Fisterra no ano 1808.
- Antecedentes da Guerra de Independencia na Costa da Morte (III): As dificultades para a posta en práctica do plan de defensa para as vilas de Cee, Corcubión e Fisterra no ano 1808.
- Antecedentes da Guerra de Independencia na Costa da Morte (IV): A chegada dos aliados ingleses.
- Antecedentes da Guerra de Independencia na Costa da Morte (V): As primeiras actuacións contra os franceses.
As terras fisterrás no século XVIII
A Baixa Idade Media na Costa da Morte: As orixes das terras de Nemancos
- As orixes das terras de Nemancos (I).
- As orixes das terras de Nemancos (II) – A organización do territorio (I).
- As orixes das terras de Nemancos (III) – A organización do territorio (II).
- As orixes das terras de Nemancos (IV) – O mar: de perigo a fonte de riqueza .
- As orixes das terras de Nemancos (V) – A nobreza: O fin da hexemonía dos Mariño .
- As orixes das terras de Nemancos (VI) – A nobreza: Os condes de Trastámara.
- As orixes das terras de Nemancos (VII) – A nobreza: a hexemonía dos Moscoso.
- As orixes das terras de Nemancos (VIII)- As tensións de mediados do s.XV: A intromisión nobiliar nas rendas reais.
- As orixes das terras de Nemancos (IX): As tensións de mediados do s. XV: A xurisdicción de Corcubión e as guerras do século XV .
- As orixes das terras de Nemancos (X): As tensións de mediados do s. XV: Das loitas entre o arcebispo e os Moscoso ó levantamento e fracaso dos irmandiños.
- As orixes das terras de Nemancos (XI). A Xurisdicción de Corcubión: organización e xestión do territorio.
As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 1. O marco xeográfico-xurisdicional de partida.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 2. As fontes para o seu estudio no século XVI.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 3. O Censo de 1533.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 4. 4. O Censo de 1571.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 5. O Censo de 1587.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 6. O Vecindario de 1587.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 7. Análise do Vecindario de 1587.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 8. O Censo de 1591 e resumo da evolución no século XVI.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 9. O século XVII.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 10. O século XVIII e primeiro tercio do XIX.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 11. As veciñanzas de 1708.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 12. As veciñanzas de 1711 e 1717.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 13. Cee na segunda metade do século XVIII.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 14. Cee no primeiro tercio do século XIX.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 15. A evolución da poboación a través dos rexistros parroquiais (1600-1860).
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación (ss. XVI-XX): 16. Os rexistros parroquiais: as faltas de carácter accidental.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación (ss. XVI-XX): 17. Os rexistros parroquiais: as faltas de carácter sistemático.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación (ss. XVI-XX): 18. Os rexistros parroquiais: as Visitas Pastorais.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 19. Conclusións sobre a validez das fontes parroquiais.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 20. Evolución a través dos rexistros sacramentais (I).
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss.XVI-XX): 21. Evolución a través dos rexistros sacramentais (II).
Que pasou na Costa na época moderna
- Que pasou na Costa: Unha ollada á época moderna.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (I): Tipoloxía, fontes para o seu estudio e causas dos mesmos.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (II): Tipos de movementos e a súa incidencia na demografía.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (III): O século XVIII: a situación na vila de Cee e noutras parroquias da comarca.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (IV): A primeira metade do século XIX na comarca fisterrán
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (V): Os lugares de destino dos emigrantes ceenses.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (VI): Os lugares de destino dos emigrantes de Fisterra e Corcubión na primeira metade do s. XIX.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (VII): Os cataláns, a sardiña e o comercio peninsular.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (VIII): O comercio extrapeninsular e consideracións finais.
A Asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI
- A asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI (I): A localización dos hospitais.
- A asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI (II): Os hospitais e a súa relación coa prolongación xacobea.
- A asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI (III): A situación na vila de Cee.
- A asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI (IV): A situación nas vilas de Corcubión, Fisterra e Muxía.
Que pasou na Costa
- I: Descubrindo a nosa historia.
- II: O Megalitismo na Costa da Morte.
- III: A época castrexa (1ª parte).
- IV: A época castrexa (2ª parte).
- V: A pegada romana (Iª parte) .
- VI: A pegada romana (IIª parte).
- VII: A pegada romana (IIIª parte).
- VIII: A Época Medieval (1ª parte). Os suevos.
- IX: A Época Medieval (IIª parte). Séculos VI ó IX.
- X: A Época Medieval (IIIª parte).A aparición da Casa de Traba.
- XI: Época Medieval (IVª parte). Os Traba e as loitas polo poder.
- XII: Época Medieval (Vª parte). A reorganización territorial.
- XIII: Época Medieval (VIª parte). Dos Traba ós Moscoso.
- XIV: Época Medieval (VIIª parte). As loitas entre o arcebispo de Santiago e os Moscoso no século XV.
- XV: Época Medieval (VIIIª parte). A revolta irmandiña.
- XVI: A Época Moderna (1ª parte): O marco xurisdicional.
- XVII: A Época Moderna (2ª parte): As terras e os señoríos.
- XVIII: A Época Moderna (3ª parte): A poboación e a súa evolución.
- XIX: A época moderna (4ª parte): O mar como fonte de riqueza.
- XX: A Época Moderna (5ª parte). Os perigos do mar.
- XXI: A Época Moderna (6ª parte). O litoral a mediados do XVIII: a Matrícula de mar e a chegada dos fomentadores cataláns.
- XXII: A época moderna (7ª parte): O litoral a mediados do XVIII: a pesca da sardiña e o asentamento dos fomentadores cataláns.
- XXIII: A época moderna (8ª parte): As explotacións agrarias no século XVIII.
- XXIV: A época moderna (9ª parte): As profesións na Costa do século XVIII.
- XXV: A época moderna (10ª parte). O 1º terzo do século XIX.
- XXVI: A Época Contemporánea (1ª parte): A evolución demográfica (1860-2005).
- XXVII: A Época Contemporánea (2ª parte). As décadas centrais do s. XIX.
- XXVIII; A Época Contemporánea (3ª parte): A consolidación do fenómeno migratorio a América desde finais do século XIX.
- XXIX: A Época Contemporánea (4ª parte): A emigración no século XX.
- XXX: A Época Contemporánea (4ª e última parte): A emigración no século XX.
Elección Histórica da Costa da Morte
Especial Bicentenario de Víctor Castiñeira en La Voz de Galicia
- Douscentos anos da invasión francesa na Costa da Morte.
- O asentamento das tropas galas en Cee e Corcubión.
- Preparativos contra a invasión.
- A xunta de defensa tiña case todo do seu lado, pero varios erros levárona cara a derrota.
- O fatídico 13 de abril de 1809.
- A importancia das fragatas e o papel xogado pola inglesa «Endymion» no ataque a Cee e Corcubión.
- A perda de dúas igrexas e da vella talla da Virxe da Xunqueira.
- A invasión do 21 de abril.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).