Mércores. 11.09.2024
El tiempo
09:46
02/09/14

Antón Borrazás, apagouse a túa luz

Antón Borrazás, apagouse a túa luz
Oscar de Souto e Anton Borrazas presentando o libro Versus

Apagouse a túa luz de faro e de pastor, sen previo aviso, de súpeto. O poeta, o amigo, pai para algún de nós, o camarara, o pensador e os seus amables consellos, o conciliador dos amigos da poesía, o amante da terra e da lingua …. marchou un día de verán mentres descansaba para repousar xa para sempre. E agora, tan só nos quedan os recordos desas longas conversas noctámbulas, a lembranza eterna da túa terquedade insuperable, i esa simpatia, que tan positiva e humilde, que nos enamorou a todos. Ti, amigo Antón, foches máis de feitos que de palabras baleiras, foches máis de apoiar os vivos que de renderlle grandes homenaxes os mortos. Decias que as celebracións pomposas pra loubar os escritores finados tiñan intencións ocultas, case sempre, e ademáis porque os mortos non se queixan, non molestan, non protestan, non critican as evidencias máis ferintes, ti dixeches sempre que deberiamos apoiar os vivos, os que poden escribir, facer cousas e falar coa razón por bandeira para cambialo presente e o futuro mediante a escrita. Eu, como ti me ensinaches, homenaxeareite paseando por entre os carballos cun poema remoendo entre os pensamentos e festexarei a sorte inmensa de compartir un cacho da vida a túa beira con feitos, festexareino con feitos, coma sempre.

Ata sempre camarada,
revolucionariamente,
Óscar de Souto.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios