martes. 28.04.2026
El tiempo

Muxía renderá homenaxe a Pazos de Merexo no centenario do seu nacemento

OLYMPUS DIGITAL CAMERA
Pazos de Merexo con Kepa Junquera na Fundación Eduardo Pondal en 2010
Muxía renderá homenaxe a Pazos de Merexo no centenario do seu nacemento

O Concello de Muxía renderá homenaxe o vindeiro 9 de maio a Manuel Pazos Redonda, coñecido como Pazos de Merexo, coincidindo coa data na que cumpriría 100 anos. Unha actividade que será un das principais actividades da da programación das Letras Galegas.

 Pazos de Merexo está considerado un dos grandes referentes da música tradicional galega e unha figura clave na conservación do acordeón diatónico na Costa da Morte. Autodidacta e cun estilo propio, converteuse nun símbolo da cultura popular, mantendo vivo un repertorio que forma parte da memoria colectiva de Muxía e de Galicia.  

O acto terá lugar no Cabo da Vila ás 19:00 horas e estará aberto á veciñanza. A homenaxe combinará intervencións institucionais e lembranzas arredor da súa figura coa música en directo, cun especial protagonismo do acordeón. A xornada rematará cun concerto do grupo Acordeireta, formación que interpretará pezas do propio Pazos de Merexo. 

A concelleira de Cultura, Sandra Vilela, destacou que “é unha honra poder facerlle esta homenaxe a Pazos, porque quere dicir que unha persoa tan transcendental como el no mundo da música tradicional galega é muxían”

Máis novas sobre Pazos de Merexo

Comentarios