Martes. 17.09.2024
El tiempo
09:05
12/06/12

Aparello de Silberman

Aparello de Silberman

Da man de Darío Areas, Secretario da Fundación Fernando Blanco de Lema e Coordinador do Museo, trataremos de amosar, parte do rico patrimonio que se conserva da Fundación Fernando Blanco, patrimonio que funde maioritariamente as súas raíces a finais do século XIX, pouco despois da inauguración do Colexio- Instituto no 1886.
Cada semana publicaremos a fotografía e descrición dunha peza da colección. Pezas que terán un nexo de unión: a nostalxia e a lembranza dun centro innovador e pioneiro en materia educativa e cultural, así como tamén o recordo dunha institución que marcaría o devir de Cee e da comarca.

Aparello de Silberman

  • Cronoloxía: 1890 - 1891.
  • Clasificación: Obxectos educativos / Instrumentos científicos / Sección: Óptica.

Descrición e funcionamento

Durante o século XVII fixéronse os primeiros estudos serios sobre a luz e o seu comportamento. A luz pode transmitir se dun medio a outro (refracción), reflexarse (reflexión), ou ser absorvida polo medio (absorción).

O aparello de Silberman é un instrumento formado por un disco graduado de cobre disposto verticalmente sobre un pé con trepia, ésta de ferro, con tres parafusos para unha perfecta nivelación. A gradación ten o cero no punto máis alto, extendéndose ata 90º a cada un dos lados.

Dúas alídadas de cobre poden xirar libremente arredor dun eixo central situado detrás do círculo; cada unha delas leva un tubiño dispostos de xeito que as prolongacións dos seus eixos córtanse no centro do círculo. Unha das alídadas é larga (atravesa o diámetro do círculo), e leva un espello móbil no seu extremo, que lle permite tomar a inclinación que conveña para recoller a luz.

Xusto no centro do disco, situado en posición horizontal e coa cara reflectante cara arriba, está fixo un espello plano de forma rectangular.

Unha regra recta, graduada, sitúase na parte baixa en posición horizontal e tanxente ao disco, pero sen tocalo.
Con este instrumento demóstranse as leis de reflexión da luz. Un raio solar captado co espello da alídada faise incidir sobre o espello horizontal, comprobándose a similitude entre os ángulos de incidencia e reflexión.

O aparello de Silberman tamén podía ser utilizado no estudo da refracción, con só sustituir o espello por unha cubeta de vidro na que se depositaba un líquido. Neste caso é de gran utilidade a alídada longa, xa que permite observar e cuantificar a desviación.

  • Darío Areas Domínguez. Secretario da Fundación Fernando Blanco de Lema e Coordinador do Museo.

Tesouros da Fundación

Novas relacionadas

Artigos sobre Fernando Blanco de Lema

Outros artigos de Darío Areas

Máis información

Para unha información máis detallada sobre a figura de Fernando Blanco de Lema e da historia do Instituto da Fundación e da antiga Escola de Nenas, así como tamén do Museo, podedes visitarnos na Praza da Constitución, nº 25 de Cee, ou na web: www.museofernandoblanco.org.

Fonte

Comentarios