As cartas do Avó Pascasio: A boa saúde do cine arxentino
Moi querida neta Cristina:
Fágoche unhas liñas para comentarche a satisfacción dos meus compañeiros diante das últimas películas de cine de produción nacional. Acá arriba chegan todas as novidades. Nós, os membros activos da Asemblea da Emigración Riopratense, temos un carné especial que nos permite asistir ao estreo de todas as películas que se fagan en Arxentina e Uruguay. Para que nos explicase un pouco o éxito actual da industria cinematográfica arxentina, invitamos a un bo amigo que conoces de cando ías á escola. Recordarás a súa gran interpretación no papel do presidente Sarmiento. Estoume referindo ao actor Enrique Muíño [o seu apelido en castelán sería Molino] que foi premiado infinidade de veces polas súas talentosas creacións artísticas.
Enrique comezou cun breve relato das súas loitas no escenario para facerse un nome na súa profesión. Primeiro no teatro en contra da opinión do seu pai que non consideraba o ser actor como un laburo. Nas súas xiras por España nos anos trinta do século pasado representaba a un gaucho nunha obra costumbrista que o público aplaudía moito. Di que foi alí xunto ao seu amigo e socio Elías Allippi onde se preparou para tempo despois protagonizar no cine a famosa película "A Guerra Gaucha". Se de que esteamos vivindo o segundo éxito do cine arxentino en 60 anos e que coincide nuevamente cun goberno serio e nacionalista. Nos seus tempos o presidente Perón axudou moito ao cine pero logo seguiron décadas de mínimo investimento e as salas foron invadidas polos filmes made in Hollywood.
O noso amigo contounos que agora mesmo en Madrid estanse exhibindo 12 largometrajes nacionais dentro do evento "Argencine" que promueve o INCAA. Un exemplo de que acá avanzamos e alá retroceden, atópao Enrique en que antes a Comunidade de Madrid poñía algo de guita pero nesta oportunidade todos os gastos corren por parte arxentina. Vou repetirche exactamente un cachito da súa intervención que apuntei nunha libretita: "Creo amigos que algunha relación ou paralelismo haberá entre os 6 millóns de desempleados en España e os 6 millóns de espectadores que encheron as salas arxentinas para poñer no ranking a catro películas nosas entre as 5 máis vistas. Bueno, se cadra ando boleado pero creo que algo se está facendo mal na nai patria. Que carallo pasa cos nosos paisanos? Teñen grandes directores, excelentes actores e unhas paisaxes que son precisamente de película. Que lles falta? Haberá que reformularse a encomiada transición para concluír que non existiu tal renovación. O microbio franquista segue anidando en miles de cidadáns que apoian a un goberno que free o despelote dos matrimonios igualitarios".
O ben informado Enrique tamén se acordou de agradecer o esforzo inversor no apartado de cine documental. En Madrid proxéctanse 5 documentales, o cal é moi positivo porque desde que o xenial Prelorán borrouse para California ninguén lle dá bóla a unha expresión audiovisual que é moi importante para a formación cidadá en realidades internas que seguimos descoñecendo. Enrique propúxonos unha próxima reunión de debate e proxectar "Pegadas e Memoria de Jorge Prelorán". Aceptamos, encantados. Así nos podemos decatar da vida e obra de Prelorán por medio da homenaxe que lle dedican Fermín Rivera e Emiliano Penelas. Por certo, díxonos que Emiliano é un gran profesional, talentoso e ademais co plus de que do mesmo xeito que vos, é neto de galegos.
Bueno, teño que despedirme. Non quero chegar tarde ao estreo no "Cine do Ceo" de Porta de Ferro co querido actorazo Victor Laplace. Se cadra non sabés, Cristina, que varias escenas da película as filmaron en Santiago de Compostela. Quero ver a Perón [Victor] paseando polas fermosas rúas empedradas da capital de Galicia ---nós chamámolas rúas--- que levan nomes que teño gravados na memoria: Nova, Vilar, Xelmírez. Agora si, termino a miña carta. Antes do punto final aproveito para insistir en pedirche que non dejés de apoiar ao Centro Galego de Bos Aires.
Recibide un abrazo do avó fonsagradino que viaxou á beira sur para atopar a felicidade ao redor dunha roda matera no solidario fogón rioplatense.
- Pascasio Fernández Gómez.
- Manuel Suárez Suárez. (mansuarez[arroba]quepasanacosta.gal)
Outros artigos dende Lonxe de Montevideo
- O retorno de Lucía.
- As cartas do avó Pascasio. Unha “Queimada Solidaria” no Centro Galego de Bos Aires.
- As cartas do avó Pascasio: Os números cantan.
- As cartas do avó Pascasio. No barrio montevideano de La Teja.
- Hai que aprender do goberno arxentino!.
- As cartas do Avó Pascasio: Lembras a Burgueño?.
- Consuelo e Susana: unha mesma emoción emigrante en Bos Aires.
- As cartas do Avó Pascasio: O vindeiro xoves 25 de xullo.
- As cartas do avó Pascasio: Unha querella en Madrid.
- As cartas do avó Pascasio: Aplausos para a pontevedresa Ángeles Ruibal.
- O novo Centro Galego de Bos Aires.
- A alegría porteña dunha emigrante de Vila de Cruces.
- As cartas do avó Pascasio. Un interventor con sensibilidade galega.
- Unha loitadora emigrante de Vimianzo en Montevideo.
- As cartas do avó Pascasio. Adeus peixes, adeus leite.
- Volvemos ao Río da Prata.
- As cartas do avó Pascasio: Os neo-filibusteros atacan Pescanova.
- As cartas do avó Pascasio: Un tano porteño no Vaticano.
- A “Suprema Inxustiza” da impunidade.
- Unha conversa na mámoa de dona Pedra da Arca.
- Unha carta ao Dr. La Blunda [Interventor do Centro Galego de Bos Aires].
- As cartas do Avó Pascasio: Un heroico mariñeiro de Fisterra.
- Dona Diáspora en Borneiro.
- Dona Diáspora en Baíñas.
- As cartas do avó Pascasio: Esperando ós Reis Magos.
- As cartas do avó Pascasio: Unha visita á Casa de Galicia de Montevideo.
- As cartas do avó Pascasio: Aprender dos erros.
- As cartas do avó Pascasio: En busca dos millóns perdidos.
- As cartas do Avó Pascasio: Un fogar común na esquina de Belgrano e Pasco.
- Aquel neno da montaña leonesa de Villamanín.
- As cartas do Avó Pascasio: Enganchados ao carro arxentino.
- As cartas do avó Pascasio: A nosa moeda son os pesos arxentinos.
- As cartas do avó Pascasio: Os nosos carballos.
- As cartas do avó Pascasio: Viñemos para sementar.
- Os españois apretan o cinto.
- O ingreso de dona Balbina na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Uruguai abre o camiño para a derrota dos narcotraficantes.
- Forza Elba!.
- Aos moi prezados dirixentes de entidades galegas na Emigración.
- Unha muller no temón do Centro Galego de Bos Aires.
- A urxencia dunha solución para o Centro Galego de Bos Aires.
- Adeus, egrexio mestre Cordeiro Monteagudo.
- Forza Centro Galego de Bos Aires!.
- Graciñas, prezada Arxentina!.
- Sempre con Arxentina!.
- Berremos forte: forza Centro Galego de Bos Aires!.
- A forza dunha neta da parroquia de Bamiro Montevideo.
- O noso embaixador honorario en Bos Aires.
- O fungueiro de Bartolomé Hidalgo.
- Tres galegos da Costa da Morte en terras montevideanas.
- O hórreo do presidente Mujica.
- “La Juvenil” de Bos Aires e “Casa Cruz” de Baio.
- Forza Adolfo!.
- Dona Diáspora busca traballo en Montevideo.
- Galicia, entre Piriápolis e Tacuarembó.
- An Oriant, graciñas.
- Os mesmos sentimentos emigrantes en Bos Aires.
- Un rapaz solidario chamado Martiño.
- A maleta montevideana de dona Diáspora.
- A maleta arxentina de dona Diáspora.
- A forza dos Penedos de Pasarela.
- Dona Diáspora nas beiras do Río da Prata.
- En Bos Aires, unha romería solidaria.
- A páxina emigrante dunha gaiteira montevideana.
- Sempre na Habana!..
- Imos camiño da Habana?.
- O exilio de don Voto Perdido.
- A nosa herdanza na Habana.
- O futuro do Centro Galego de Bos Aires.
- As tres palabras que perderon os emigrantes.
- Unhas garimosas apertas de dona Diáspora.
- Dona Diáspora en Hollywood.
- Unha aperta fisterrá para Rosario Olveira en Montevideo.
- Ánimo para Cristina e adeus ao prezado irmán Carbajal.
- Galicia fíxose na diáspora.
- Un recordo para Andrés Pazos e unha aperta para Carlos Penelas.
- Dous herdeiros riopratenses: Noemí Rial e Jorge Muíño.
- Unha boa homenaxe aos emigrantes no Uruguai.
- Apertas galeguistas para don Manuel Cordeiro Monteagudo.
- As alegrías e as penas de dona Diáspora.
- Carlos López García-Picos, egrexio compositor betanceiro.
- Un tango para Rosalía de Castro.
- Forza Uruguai!.
- No “Derby” con Roxelio de Cesantes.
- Dona Diáspora quere máis retorno.
- Os grelos de Gladys.
- Os espazos emigrantes de dona Diáspora.
- As empanadas montevideanas de dona Valentina.
- Un baúl da Arxentina.
- A tolemia do voto emigrante.
- A singradura emigrante.
- O ingreso de Andrés Pazos na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- A xenerosidade de don Marcelino de Alqueidón.
- Un adeus moi garimoso para Andrés Pazos Pérez .
- A necesaria unidade dos centros galegos en terras americanas.
- As mans de María.
- Unha sesión especial na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- A miña noraboa para un país de primeira: Uruguai.
- O molete de Baio e os cruasáns de Malvín.
- Na Asemblea Celestial Riopratense queren que Pepe Mujica sexa o novo presidente do Uruguai.
- As miñas media ducia de razóns para non votar aos BLANCOLORADOS nas eleccións uruguaias.
- Forza Pepe! [O 25 de outubro hai eleccións presidenciais no Uruguai].
- Pérez Prado na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Un adeus fondamente galego para Antonio Pérez Prado.
- O centenario de Tacholas na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Debate sobre Gondomar na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- A miña noraboa para Castelao Bragaña.
- A biografía dun poeta emigrado.
- Hai moita preocupación na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Cando Cheíto de Romarís foi para Delémont.
- A sesión do 17 de maio na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Chegou o momento da UNIDADE aos fogares sociais galegos na diáspora.
- Chegou o momento do Espazo Emigrante no monte Gaiás.
- Na Asemblea Celestial Riopratense da Emigración Galega HAI DEBATE postelectoral.
- O debate entre Abraira e Sánchez na Asemblea Celestial Riopratense da Emigración Galega .
- Balbina, unha centenaria de Rebordelo.
- Debate sobre o voto exterior na Asemblea Celestial da Emigración Galega no Río da Prata .
- Necesitamos axentes electorais con experiencia [Absterse os que teñan ética profesional].
- Unha conversa na pizzería montevideana “Subte”.
- A Costa tamén vota dende Lonxe de Montevideo.
- ¿Querés que te haga un churrasquito, Manolito?.
- A familia Penedos de Pasarela.
- Dona Dionisia de Cedeira e as vindeiras eleccións autonómicas.
- O neno do lobo en Montevideo (II): Na esquina de Propios e Carabelas.
- O neno do lobo en Montevideo (I): “Na esquina de Pantaléon Artigas e Ipiranga”.
- Unha boa vacina contra do peronismo.
- ¿Querés un mate, gayego? Tomá mate, che que en el Rio de la Plata no se estila el chocolate.
- O fotógrafo preferido de Carlos Gardel.
- A güeya dun gaucho de Ribadeo.
- Os charrúas do Uruguai e as charrúas de Allariz.
- Un ferreiro de Tines en Montevideo.
- Un atípico emigrante da Laracha en Montevideo.
- Os nosos herdeiros riopratenses.
- A democracia dun capador bergantiñán en Montevideo.
- Un emigrante de Fisterra.
- Os emigrantes dicimos NON aos que queren pechar as portas.
- Entre Barcelona e Montevideo, díptico emigrante.
- De Barallobre a Bos Aires .
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).