xoves. 01.05.2025
El tiempo
07:59
10/02/15

As cartas do Avó Pascasio: Non me toquen a Cristina!

As cartas do Avó Pascasio: Non me toquen a Cristina!

Moi querida neta Cristina:

Os avós emigrantes estamos indignados. Por iso é que che facemos chegar todo o noso apoio. Sabemos que es unha “gayega” de firmes conviccións democráticas á que non é fácil doblegar por medio duns desafinados soplidos que emite o coimero “Clan do Clarinete”. Entendemos que sintas certa resignación ao ver que ano tras ano se repite a mesma escura partitura por uns intérpretes que odian calquera melodía que nos una en harmonía.

Na nosa última reunión interveu o compañeiro Enrique Muíño [xa sabes que muíño é en castelán: molino] que fixo unha defensa moi ben fundamentada sobre os importantes e históricos logros da túa xestión como titular do Poder Executivo na Arxentina. Recordounos unha cantidade de avances en enerxía, transporte, vivenda e educación. Pero sobre todo felicitouse polo aumento de orzamento para o programa de axuda aos escolares. Non esquezas que Enrique -un bo amigo de Perón- visitou unha cantidade de escolas públicas nas que recibiu o agarimo dos nenos que o saudaban pola súa xenial interpretación de Domingo Faustino Sarmiento.

Ao terminar a súa intervención referiuse á protesta [por chamala dalgún xeito] dalgúns desfachatados fiscais que din “pedir xustiza”. Quentouse moito. Vouche a repetir o que dixo: ”No me toquen a Cristina que voy abajo u yos cago a patadas en el orto”. Tíñalo que ver! Estaba moi alterado. É unha persoa forte que mantén intacta aquela pinta de gaucho heroico que nos emocionou en “A Guerra Gaucha”. Si baixa, asegúroche que os “medio pelo fiscais” marchan correndo. Ademais de coimeros son cobardes. Non están afeitos ao esforzo. A súa misión é a de exercer fielmente o clásico labor de garroneo para deteriorar o sistema democrático.

O gran Enrique doumentouse ben. Preguntounos se podía reproducir un anaco do que lle gravou a Roberto Cabaleiro en AM870-A Radio Pública sobre o que cualificou de Marcha de da Foda Fiscal. Contestamos todos afirmativamente e reproduciu o seguinte: “Non sei si son golpistas, salvo que interpretemos que golpistas quere dicir que intentan golpear ao goberno que impulsou a reforma do Poder Xudicial e ao goberno que modificou o Código Penal que lle quita atribucioós á familia xudicial tradicional”. Cando terminou lle aplaudimos porque nos ilustrou con coñecemento de causa e con sentimento patriótico de bo porteño descendiente de nobre familia galega.

Sorprendeuche que nesta carta non che recorde os problemas que temos na esquina de Belgrano e Pasco. Bueno, tranquila, en marzo volvo á carga para ver si coa túa axuda se resolve o mellor posible a complicada lea institucional no Centro Galego.

Despídome. Envíoche un abrazo agarimoso. Cóntoche que nestes días entroideiros achegareime á miña aldea de Mazaeda, agora mesmo é unha fermosa postal de neve, para gozar na mesa familiar dun completo cocido co marabilloso butelo fonsagradino.

- Pascasio Fernández Gómez.
  • Manuel Suárez Suárez. (mansuarez[arroba]quepasanacosta.gal).

Outros artigos dende Lonxe de Montevideo

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios