As terras fisterrás no século XVIII: un espazo pouco humanizado
Dentro de pouco máis dun mes, e coa correspondente actualización dos censos de poboación, os medios de comunicación faranse eco da preocupante situación demográfica galega caracterizada polo seu progresivo avellentamento e a falta de relevo xeracional. As terras da Costa da Morte tampouco se salvan deste panorama desalentador e así a meirande parte dos seus concellos, salvo raras excepcións, perden ano tras ano poboación, aínda que os políticos de turno só se den conta da gravidade da situación cada catro anos que é cando o seu concello pode perder representación en forma de actas de concelleiro pola propia baixada do censo.
Historicamente, a Costa da Morte foi unha zona do territorio galego mal comunicada, alomenos por terra, coas principais vilas e cidades. Ata a implantación do actual sistema administrativo liberal tralo primeiro tercio do século XIX, a vinculación de boa parte das súas terras coa cidade de Santiago de Compostela está fóra de toda discusión. Así, o seu territorio formou parte da antigua provincia de Santiago ó tempo que as súas parroquias estiveron, e seguen, ligadas ó arcebispado compostelán.
Estamos a falar dun territorio con pouco peso demográfico e que, coas excepcións das vilas costeiras, presenta pequenos núcleos de poboación de claro predominio agrario e cunhas densidades poboacionales moi baixas. Seguramente, desde o século XV o binomio formado polas vilas de Cee e Corcubión, foi o que poidamos considerar como núcleo urbano máis importante mentras que no mundo rural, Moraime e o seu entorno e xurisdición tivo certa relevancia en canto a número de habitantes, situación herdada do seu importante pasado medieval.
Precisamente, por tratarse dunha zona periférica e cun modesto grao de ocupación, a comarca experimentou un escaso desenvolvemento que aínda persiste na actualidade como un mal crónico e consustancial a esta parte do occidente coruñés. Así, tanto as comunicacións como o tecido industrial son unha grave lousa que segue condicionando o futuro dos seus habitantes, que esperan que algunha vez se fagan realidade as promesas políticas referentes á autovía da Costa da Morte (onte o presidente da Xunta inaugurou a variante de Sardiñeiro) e que tamén se faga algo cos pequenos polígonos empresariais repartidos por diferentes concellos, para que o seu fin non sexa o de simplemente criar toxos.

O estudio dos Libros de Persoal do Catastro de Ensenada de mediados do século XVIII permite facer unha aproximación máis ou menos fiable do que foron as estruturas familiares da Galicia de fins do Antigo Réxime. A documentación conservada para as vilas de Corcubión e Fisterra e as feligresías de S. Pedro de Redonda, S. Vicente e S. Martiño de Duio fai referencia a 523 fogares nos que convivían 2076 persoas. A modo de curiosidade podemos afirmar que o total das parroquias dos actuais concellos de Cee, Corcubión e Fisterra superaba os 1250 fogares con preto de 5000 habitantes a mediados do século XVIII. Como xa comentamos, a característica fundamental do poboamento da zona é un discreto grao de ocupación que ten o seu reflexo nunhas densidades de poboación destacables só no caso das tres vilas mariñeiras que no 15% do territorio agrupan a máis do 45% da poboación. Neste senso merece especial atención a vila de Corcubión cunha densidade de poboación que supera os 400 habitantes por quilómetro cadrado. Pero como xa anticipamos, as vilas costeiras son a excepción. O certo é que nesta comarca atopamos maioritariamente un poboamento de tipo complexo, onde o hábitat preséntase como unha forma especial de poboamento concentrado, sendo a aldea o núcleo fundamental de poboamento. A partir dela fórmanse as parroquias, que no caso do mundo rural amosan unhas densidades ocupacionais moi modestas. Como se pode comprobar no mapa, no 85% do territorio estudiado só vive o 54% da población total, con densidades de poboación que varian entre os 20 e os 40 habitantes por quilómetro cadrado.
No momento de levar á práctica o Catastro, no 75% do territorio galego predominaban as familias cun promedio que se move entre os 4 e os 4.5 membros. No caso concreto destas parroquias da Costa da Morte, a media é de 3.97 persoas/fogar. É unha cifra global máis ben baixa, que oculta as diferencias existentes entre a pequena vila mariñeira (4.05 de media para Corcubión e Fisterra) e as parroquias que viven do campo (3.83 personas por fogar en Duio e Redonda). Esta diferencia, nada rara por outra parte, ten a súa razón de ser nos distintos tipos de actividades económicas que teñen lugar nas vilas e nas aldeas. Así, e só a modo de exemplo, o catedrático Saavedra Fernández considera que hai unha interrelación mútua entre o tamaño da familia e a presencia de actividades auxiliares nas familias labregas no seu estudio da antiga provincia de Mondoñedo.
No caso das terras fisterrás, mentras nas parroquias do rural a case totalidade dos veciños adícanse ó traballo da terra, nas vilas esta actividade é moito menor, sendo sustituída pola pesca (máis do 54% dos habitantes de Corcubión e Fisterra viven do mar). Nada debe extrañarnos por tratarse de vilas costeiras, pero nelas tamén hai outras ocupacións: mercaderes, sastres, artesáns.... que fan destes núcleos uns lugares moito máis dinámicos desde un punto de vista socioeconómico, coa conseguinte maior complexidade das súas estruturas familiares.
- Víctor Castiñeira (vmcastineira[arroba]quepasanacosta.gal).
Novas relacionadas
A Baixa Idade Media na Costa da Morte: As orixes das terras de Nemancos
- As orixes das terras de Nemancos (I).
- As orixes das terras de Nemancos (II) – A organización do territorio (I).
- As orixes das terras de Nemancos (III) – A organización do territorio (II).
- As orixes das terras de Nemancos (IV) – O mar: de perigo a fonte de riqueza .
- As orixes das terras de Nemancos (V) – A nobreza: O fin da hexemonía dos Mariño .
- As orixes das terras de Nemancos (VI) – A nobreza: Os condes de Trastámara.
- As orixes das terras de Nemancos (VII) – A nobreza: a hexemonía dos Moscoso.
- As orixes das terras de Nemancos (VIII)- As tensións de mediados do s.XV: A intromisión nobiliar nas rendas reais.
- As orixes das terras de Nemancos (IX): As tensións de mediados do s. XV: A xurisdicción de Corcubión e as guerras do século XV .
- As orixes das terras de Nemancos (X): As tensións de mediados do s. XV: Das loitas entre o arcebispo e os Moscoso ó levantamento e fracaso dos irmandiños.
- As orixes das terras de Nemancos (XI). A Xurisdicción de Corcubión: organización e xestión do territorio.
As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 1. O marco xeográfico-xurisdicional de partida.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 2. As fontes para o seu estudio no século XVI.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 3. O Censo de 1533.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 4. 4. O Censo de 1571.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 5. O Censo de 1587.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 6. O Vecindario de 1587.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 7. Análise do Vecindario de 1587.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 8. O Censo de 1591 e resumo da evolución no século XVI.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 9. O século XVII.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 10. O século XVIII e primeiro tercio do XIX.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 11. As veciñanzas de 1708.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 12. As veciñanzas de 1711 e 1717.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 13. Cee na segunda metade do século XVIII.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 14. Cee no primeiro tercio do século XIX.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 15. A evolución da poboación a través dos rexistros parroquiais (1600-1860).
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación (ss. XVI-XX): 16. Os rexistros parroquiais: as faltas de carácter accidental.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación (ss. XVI-XX): 17. Os rexistros parroquiais: as faltas de carácter sistemático.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación (ss. XVI-XX): 18. Os rexistros parroquiais: as Visitas Pastorais.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 19. Conclusións sobre a validez das fontes parroquiais.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 20. Evolución a través dos rexistros sacramentais (I).
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss.XVI-XX): 21. Evolución a través dos rexistros sacramentais (II).
Que pasou na Costa na época moderna
- Que pasou na Costa: Unha ollada á época moderna.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (I): Tipoloxía, fontes para o seu estudio e causas dos mesmos.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (II): Tipos de movementos e a súa incidencia na demografía.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (III): O século XVIII: a situación na vila de Cee e noutras parroquias da comarca.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (IV): A primeira metade do século XIX na comarca fisterrán
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (V): Os lugares de destino dos emigrantes ceenses.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (VI): Os lugares de destino dos emigrantes de Fisterra e Corcubión na primeira metade do s. XIX.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (VII): Os cataláns, a sardiña e o comercio peninsular.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (VIII): O comercio extrapeninsular e consideracións finais.
A Asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI
- A asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI (I): A localización dos hospitais.
- A asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI (II): Os hospitais e a súa relación coa prolongación xacobea.
- A asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI (III): A situación na vila de Cee.
- A asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI (IV): A situación nas vilas de Corcubión, Fisterra e Muxía.
Que pasou na Costa
- I: Descubrindo a nosa historia.
- II: O Megalitismo na Costa da Morte.
- III: A época castrexa (1ª parte).
- IV: A época castrexa (2ª parte).
- V: A pegada romana (Iª parte) .
- VI: A pegada romana (IIª parte).
- VII: A pegada romana (IIIª parte).
- VIII: A Época Medieval (1ª parte). Os suevos.
- IX: A Época Medieval (IIª parte). Séculos VI ó IX.
- X: A Época Medieval (IIIª parte).A aparición da Casa de Traba.
- XI: Época Medieval (IVª parte). Os Traba e as loitas polo poder.
- XII: Época Medieval (Vª parte). A reorganización territorial.
- XIII: Época Medieval (VIª parte). Dos Traba ós Moscoso.
- XIV: Época Medieval (VIIª parte). As loitas entre o arcebispo de Santiago e os Moscoso no século XV.
- XV: Época Medieval (VIIIª parte). A revolta irmandiña.
- XVI: A Época Moderna (1ª parte): O marco xurisdicional.
- XVII: A Época Moderna (2ª parte): As terras e os señoríos.
- XVIII: A Época Moderna (3ª parte): A poboación e a súa evolución.
- XIX: A época moderna (4ª parte): O mar como fonte de riqueza.
- XX: A Época Moderna (5ª parte). Os perigos do mar.
- XXI: A Época Moderna (6ª parte). O litoral a mediados do XVIII: a Matrícula de mar e a chegada dos fomentadores cataláns.
- XXII: A época moderna (7ª parte): O litoral a mediados do XVIII: a pesca da sardiña e o asentamento dos fomentadores cataláns.
- XXIII: A época moderna (8ª parte): As explotacións agrarias no século XVIII.
- XXIV: A época moderna (9ª parte): As profesións na Costa do século XVIII.
- XXV: A época moderna (10ª parte). O 1º terzo do século XIX.
- XXVI: A Época Contemporánea (1ª parte): A evolución demográfica (1860-2005).
- XXVII: A Época Contemporánea (2ª parte). As décadas centrais do s. XIX.
- XXVIII; A Época Contemporánea (3ª parte): A consolidación do fenómeno migratorio a América desde finais do século XIX.
- XXIX: A Época Contemporánea (4ª parte): A emigración no século XX.
- XXX: A Época Contemporánea (4ª e última parte): A emigración no século XX.
Elección Histórica da Costa da Morte
Especial Bicentenario de Víctor Castiñeira en La Voz de Galicia
- Douscentos anos da invasión francesa na Costa da Morte.
- O asentamento das tropas galas en Cee e Corcubión.
- Preparativos contra a invasión.
- A xunta de defensa tiña case todo do seu lado, pero varios erros levárona cara a derrota.
- O fatídico 13 de abril de 1809.
- A importancia das fragatas e o papel xogado pola inglesa «Endymion» no ataque a Cee e Corcubión.
- A perda de dúas igrexas e da vella talla da Virxe da Xunqueira.
- A invasión do 21 de abril.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).