A artesanía en vivo volverá ser protagonista no Castelo de Vimianzo este verán

Un ano máis, o Castelo de Vimianzo será o escenario durante os meses de verán de diversos obradoiros de artesanía e das visitas teatralizadas, un dos principais atractivos culturais e turísticos do municipio.
As actividades comezarán o vindeiro 21 de xuño co ‘Ciclo do liño’ ás 17:00 horas e promovida por Amigos do Liño. O 12 de xullo, ‘Contas de vidro’ con Esther Ferreiro ás 11:00 horas; o 19 de xullo, ‘Panillada’ ás 11:00 horas coa Asociación de Palilleiras As Nemanquiñas; o 26 de xullo ‘Modela co barro’ ás 17:00 horas con Obradoiro Lista; o 2 de agosto ‘Barcos e nasas’ con Chema Suárez ás 11:00 horas; o 16 de agosto ‘Tecendo o liño’ coa Asociación de Veciños O Santiaguiño de Carreira ás 11:00 horas; o 23 de agosto ‘Modela co barro’ ás 11:00 horas novamente con Obradoiro Lista; o 30 de agosto ‘Aprende a panillar’ ás 11:00 horas e tamén con As Nemanquiñas; o 6 de setembro ‘Arte en palla’ ás 13:00 horas coa Asociación Arte en Palla de Baíñas e, por último, o día 13 de setembro ‘Encadernación’ con ASPADEX ás 11:00 horas.
As inscricións poderán facerse en www.vimianzo.gal/turismo e as prazas están limitadas a 12 persoas, agás nas de soplar o vidro, que serán 8. As e os menores de 8 anos en diante deberán estar acompañados sempre dunha persoa adulta.
Por outra banda, para as visitas teatralizadas, están programadas sesións os días 6, 13, 20, 27 de xullo; 3, 10, 17, 24 e 31 de agosto e 7 e 14 de setembro. Os horarios serán ás 12:30 horas e ás 17:00 horas. Serán de balde, con inscricións nesta ligazón e para persoas adultos ou menores acompañados dun adulto. Para máis información, pódese consultar www.vimianzo.gal/turismo ou chamar ao teléfono habilitado 981 71 63 54.