Venres. 19.04.2024
El tiempo
09:00
23/05/12

Barómetro de Fortin

Barómetro de Fortin

Da man de Darío Areas, Secretario da Fundación Fernando Blanco de Lema e Coordinador do Museo, trataremos de amosar, parte do rico patrimonio que se conserva da Fundación Fernando Blanco, patrimonio que funde maioritariamente as súas raíces a finais do século XIX, pouco despois da inauguración do Colexio- Instituto no 1886.
Cada semana publicaremos a fotografía e descrición dunha peza da colección. Pezas que terán un nexo de unión: a nostalxia e a lembranza dun centro innovador e pioneiro en materia educativa e cultural, así como tamén o recordo dunha institución que marcaría o devir de Cee e da comarca.

Barómetro de Fortín

  • Inventor: Jean Nicolas Fortin (1750 - 1831)
  • Fabricante: Instituto Torres Quevedo (Madrid)
  • Cronoloxía: 1ª metade século XX
  • Clasificación: Obxectos educativos / Instrumentos científicos / Sección: Mecánica de gases.

Descrición e funcionamento

O barómetro normal de cubeta tiña o inconvinte de non ser transportable polo perigo de que entrara aire no tubo ou, aínda peor, que os choques do mercurio coa súa parte superior o rompesen, algo que sucedía con bastante facilidade.

Estes inconvintes foron superados co barómetro de Fortin, o cal estaba baseado no de Torricelli, pero máis perfeccionado. Consistía nun barómetro de cubeta, pero fixado verticalmente no interior dunha caixa-vitrina de madeira. A diferencia do barómetro de Fortín con respecto aos outros de cubeta, radica en que a cubeta déste leva un parafuso de presión inferior, que permite subir e baixar o fondo de pel de gamuza.

O tubo barométrico está resgardado por un estoxo de metal dourado con dúas aberturas opostas que permitirían ver o nivel do mercurio. Sobre o estoxo leva unha escala graduada entre 55 e 81 mm., con divisións en décimas de mm., e un cursor móbil. A cubetatamén está resgardada por unha caixa metálica cilíndrica.
Dispón tamén o aparello dun termómetro frontal con graduación entre 0 e 50 º C. Un espello móbil facilita a observación do mesmo.

Os barómetros son instrumentos que serven para medir a presión atmosférica. Ésta mídese pola altura que acada unha columna de mercurio nun tubo de vidro. As unidades empregadas correntemente son mm. de Hg.
No barómetro de Fortín unha pel de gamuza impide a perda de mercurio, mentras que a presión atmosférica se transmite perfectamente ao seu través.
O parafuso de presión do fondo da cubeta permite poder obter sempre un nivel constante na cubeta e facilitar o traslado do aparello, levantando o fondo ata que o tubo e a cubeta se enchan completamente. Para un bo funcionamento deste aparato é preciso que esté en posición perfectamente vertical.

O inventor

Jean Nicolas Fortin foi un físico e mecánico francés que traballou na Oficina de Lonxitudes e no Observatorio de París realizando aparellos para estudos astronómicos e para inspección. Tamén traballaba para a familia real francesa construíndo globos e esferas. Ademáis deseñou reloxos e equipos de precisión que foron empregados por moitos científicos, como por exemplo Antoine Lavoisier, Gay-Lussac (estudio da extensión dos gases), Arago e Dulong (verificación da lei Boyle-Mariotte nas altas presións, etc. Foi arredor do ano 1880 cando ideou o barómetro ao que lle da nome.

  • Darío Areas Domínguez. Secretario da Fundación Fernando Blanco de Lema e Coordinador do Museo.

Tesouros da Fundación

Novas relacionadas

Artigos sobre Fernando Blanco de Lema

Outros artigos de Darío Areas

Máis información

Para unha información máis detallada sobre a figura de Fernando Blanco de Lema e da historia do Instituto da Fundación e da antiga Escola de Nenas, así como tamén do Museo, podedes visitarnos na Praza da Constitución, nº 25 de Cee, ou na web: www.museofernandoblanco.org.

Fonte

Comentarios