Folga xeral
14:55 30/09/10
Ten que ser. Hai que facela. Vivimos nun país onde goberna a esquerda-repriman a risa- e as receitas que aplicamos pra paliar a crise son paridas polo FMI, Banco Mundial e demais demagogos. Todos nos imos pagar os excesos dalgúns aos que a crise só serviu pra alimentar os seus petos. Eses non a padecen, pero a esquerda de cartón asume que a saída da crise se costea reformando pensións e abaratando despidos… Porque o despido está tan caro que por iso só temos case cinco millóns de parados… Se chega a estar barato!!! Por certo, esas grandes receitas liberais son as que non aplicaron algúns paises de sudamérica pra sair dos seus baches económicos.
Se completamos a escea escoitando esta mañá a Díaz Ferrán, un chega a conclusión de que faría falta máis dun día de folga. Este pirata metido a empresario reclama que no día de folga hai que repetar o dereito a traballar, pero esquece que hai outro dereito, o de cobrar polo traballo, que sistemáticamente este home o esquece nas súas empresas que tan brilantemente van ao tacho. Se este é o modelo de empresario deste apís, apuntémonos todos a fundar empresas. Traballo si e remuneración non.
Posiblemente non sirva de moito, pero polo menos rebotarse ante esta ofensiva por cargarse os dereitos acadados tras moitos anos de loita obreira. Hoxe máis ca nunca, FOLGA SI.
- Fran Hermida ( [email protected]).
Entrevista con Fran Hermida
- 10 preguntas con Fran Hermida, o camello do humor da Costa da Morte: 10 anos percorrendo o país arrincando gargalladas.
- "Eu son pelexón e rebelde e polo tanto toca reconstruirme".