Irene somos todos
20:41 25/01/15
Como tantos outros mozos españois, Jonatan Bosque e Irene Rodríguez marcharon a Inglaterra en busca de traballo e na procura dunha vida mellor. Sen embargo, en ocasións o destino depáranos desagradables sorpresas.
O pasado 27 de Decembro, ambos camiñaban tranquilamente polas rúas da localidade de Reading, cando foron arrollados por un coche que, presuntamente, estaba participando nunha carreira ilegal. Como consecuencia, Irene perdeu a vida, mentres que Jonatan permanece hospitalizado por varias fracturas no cráneo e en ambas pernas.
Por se a desgracia non fora suficiente, a Embaixada e mailo Consulado españois emularon a Poncio Pilato e lavaron vilmente as mans, provocando unha cascada de reaccións que culminou nunha manifestación multitudinaria ás portas do Consulado.
Cal é a finalidade e a utilidade destas institucións se non aportan o máis mínimo en caso dunha necesidade real?
Aquí ninguén está a falar de cartos. Só pedimos apoio psicolóxico e axuda cos pertinentes trámites administrativos.
Nesta ocasión foron Irene e Jonatan, pero mañá pode tocarlle a outra persoa. Eu, por exemplo, non me quero imaxinar aos meus pais en semellante situación: perder a unha filla, ter que viaxar ao estranxeiro sen coñecer o idioma e non recibir a máis mínima axuda. Entón, para que queremos unha Embaixada e un Consulado? Para que sirven os impostos que pagamos e se destinan ao mantemento destas institucións?
Iso si, alguén dubida de que en breves nos enviarán a pertinente carta para convidarnos a participar nas eleccións xerais? En España xa non nos quedan dereitos, e aquí permanecemos no olvido. Pero en período electoral ben se lembran de nós. Lembrarémonos nós deles? Permitídeme que o dubide.
- Paula García Costa, vimiancesa licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) e co Máster en Formación do Profesorado pola Universidade da Coruña (UDC).
Artigos de Paula García Costa
- Londres: a cidade onde todo o mundo é forasteiro.
- The Christmas’ Spirit.
- Desmiuzando o ‘National Health System’.
- España vs. Inglaterra: Dous universos paralelos.
- The new ‘Spanish Army’.
- Cómo buscar traballo en Londres.
- O reto de atopar vivenda en Londres.
- Welcome to London.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).