Moitas paisaxes, pero só unha protexida
Imos polo mundo adiante presumindo. Cando dicimos iso de que vivimos na Costa da Morte, escoitamos “Que sitio máis bonito! Que paisaxes!”.
Ben, pois aínda que pareza incrible en toda a Costa da Morte tan só un espazo natural baixo a figura de “Paisaxe Protexida” e todo grazas á forza popular que conseguiu que a man do home non destruíse este conxunto paisaxístico que a natureza construíu en miles de anos: os Penedos de Traba e Pasarela.
Quen non lembra a historia?
Aló polo 2008 unha empresa de extracción de pedra puxo a vista nos montes de Traba e Pasarela, nos concellos de Laxe e Vimianzo, respectivamente. E a verdade é que alí hai pedra de abondo para que uns poucos se beneficien do negocio mentres os outros quedan sen a paisaxe. Houbo a quen lle pareceu moi boa idea porque iso xeraba postos de traballo. Ata aquí todo ben. Pero tamén houbo a quen non lle pareceu ben. E comezou o problema.
Xente a favor da extracción da pedra e xente en contra.
Foi necesario facer manifestacións, protestas e uns cantos meses de presión para conseguir que o 11 de decembro de 2008 a Xunta de Galicia declarase os Penedos de Traba e Pasarela como “Paisaxe Protexida”. É dicir, que estamos obrigados a conservar e protexer os importantes valores naturais que presenta este espazo en canto a súa singularidade xeolóxica, a fauna e flora así como respecto a dos seus propios ecosistemas e hábitats naturais e a singular beleza da paisaxe.
O macizo de Traba e Pasarela está formado por un conxunto de elevacións graníticas repartido en 212 hectáreas pertencentes, case que a partes iguais, entre os concellos de Laxe e Vimianzo. A combinación das formas rochosas que se poden observar compoñen unha paisaxe singular chea de beleza e onde a imaxinación de cadaquén interpreta cada penedo dunha forma distinta: a cachucha, o gardián, a balea…
Sen dúbida, unha paisaxe para gozala e tamén para conservala.
Novas relacionadas
- 13-01-09: Espazo singular protexido ./li>
- Unha de Penedos en verso .
- Unha paraxe de cine .
- Recunchos da Costa: Os penedos de Traba e Pasarela..
- Manuel Suárez dende Lonxe de Montevideo: A forza dos Penedos de Pasarela.
- A vida dunha impresora: comprar, tirar e volver a comprar.
- Man de Camelle.
- Alimentos quilométricos.
- Mirando o ceo.
- Cheo, ¿por favor?.
- Un chapuzón en Corcubión?.
- A voltas coas prantas de acuiculura.
- O espectáculo do estuario do Anllóns.
- O roteiro do congro.
- A dieta da… carne.
- As cifras do Prestige.
- O cambio horario: ¿economía ou cuestión de gustos?.
- Como auga de outubro.
- Eucaliptos, ¿unha praga ou unha saída económica?.
- A Ensenada do Trece, un dos sistemas dunares da Costa da Morte de alto valor ambiental.
- Redacción de QPC ([email protected]).