O peixe intelixente
08:40 30/03/15
En momentos nos que se aproximan as eleccións locais, reler a obra do economista máis prestixioso do municipalismo galego é sempre gratificante. Por iso recomendo calquera dos libros de Xaquín Álvarez Corbacho.
Porque coñece os concellos dende perspectivas diversas. Como máximo dirixente municipal (foi o primeiro alcalde do Grove da democracia). Como investigador, divulgador e analista (foi profesor de Facenda Pública na USC e catedrático de Economía Aplicada na Universidade da Coruña). E como fiscalizador (foi designado conselleiro da área de Corporacións Locais, do Consello de Contas de Galicia, polo Parlamento galego).
Actualmente está xubilado. Sen embargo, a súa capacidade de traballo é inesgotable e agora que a política municipal cobra particular relevancia (pola proximidade dos comicios), publica un novo ensaio que nos permite continuar aprendendo do seu maxisterio.
Despois da Semana Santa, o venres día 10 de abril de 2015, no Restaurante O Castelo, de Muros, ás sete da tarde, presentará o seu último traballo: Educación democrática ou barbarie, onde analiza a vixente realidade dos concellos galegos.
A crise demográfica, os problemas do financiamento, as vellas políticas das deputacións, as miserias que xorden cando o urbanismo non está, o desprezo a educación democrática, a necesidade dun control institucional liberado e as urxencias dunha nova planta municipal, son problemas que, segundo este autor, estamos a sufrir con silencio excesivo e sen saber ate cando.
Con todo, “os concellos abrirán camiño”, como ben sinala o peixe intelixente que ilustra a portada do libro, porque non hai mellor escola para aprender a convivir en democracia.
Contar coa presenza en Muros, deste home irrepetible, servirá para que a súa formada opinión proporcione valiosos consellos. Por certo, díxome que estamos todos convidados.
- Domingo Guerra (domingoguerra@quepasanacosta.gal). Economista. Especialista en economía pública e política económica pola USC.
Outros artigos sobre Economía Municipal de Domingo Guerra
- Desafíos municipai.
- O soldo do alcalde.
- Repasando o PIB dos Concellos QPC.
- Facturas no caixón.
- Débeda viva a 31/12/2013.
- Solvencia financeira municipal.
- Os concellos e a crise.
- Reposición da legalidade urbanística.
- Loito por culpa do mar.
- Remanente de tesourería.
- Eficacia recadatoria.
- Oportunidade perdida.
- Gasto de persoal.
- Rendición da conta xeral.
- A Conta Xeral.
- A contribución.
- Cuestión de confianza e moción de censura.
- Débeda municipal.
- A prórroga do orzamento municipal.
- Presión fiscal dos nosos concellos.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).