sábado. 10.05.2025
El tiempo
09:07
22/11/10

Telefónica, esa empresa...

Telefónica, esa empresa...
Telefónica, quen non coñece Telefónica (agora Movistar, sen mais..), esa empresa creada de forma pública hai mais de 80 anos e privatizada fai 18, dona de case a totalidade da rede telefónica de este país; cara, e única opción de ADSL en muitas parroquias rurais. Pois ben, esa empresa, este ano acaba de bater un record de beneficios; pero non un record persoal, que tamén, senón que se acaba de converter na empresa española con maiores beneficios da historia, superando ó banco Santander, que ostentaba este “título” ata o de agora. Dáme a risa as palabras do seu conselleiro delegado o 30 de Agosto nas que textualmente dicía que se podía chegar a unha “Quebra do modelo actual das ISP polo imparable crecemento do tráfico de datos e o desacoplamento entre os custos de mantemento das redes e os beneficios”, xa se ve Don Linares.. xa se ve. E agora pregúntome eu, que farán con todo este pastizal? recordemos que telefónica ten un monopolio enorme en moitísimos lugares de España grazas os fondos públicos, a totalidade da rede foi financiada por nós durante os anos de existencia de esa compañía, foille regalada. O normal, e o correcto sería investir parte de esos beneficios no desenrolo e renovación das redes e nunha mellor atención o cliente, pero no... o caviar vai caro.. en vez de iso; queren cobrar mais os usuarios que mais descargan (ollo, España é un dos países co ADSL mais caro), queren cobrarlle a Google por “facer negocio utilizando as súas redes” (enterome agora de que telefónica é dona de internet!!), queren eliminar o principio de neutralidade na rede, fan competencia desleal, cobran abusivamente aproveitándose do monopolio en algunhas zonas, teñen un servizo técnico e de atención horrendo, e piden subvencións para o mantemento das liñas... inconcibible. Fai uns meses a comisión do mercado das telecomunicacións fixo uns cálculos e dixo que ca metade dos beneficios de un ano normal de telefónica se podería desplegar fibra óptica por TODA España, o cal sería unha boa forma de devolver ese favor prestado por nós fai anos. Pero non... segan e non sembran, hipotecan o futuro desenrolo da sociedade da información e o peor, o peor de todo, e que ninguén fai nada por evitalo, e nós, coma masocas, seguimos contratando os seus servizos.
  • Mario Rodríguez Gómez. mariorodiguez@quepasanacosta.galEste enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ).

Artigos anteriores en Ciencia e Tecnoloxía

Novas relacionadas

Comentarios