Tesouros da Fundación: Esquema Orográfico e Hidrográfico de Galicia
09:20 20/07/11
Da man de Darío Areas, Secretario da Fundación Fernando Blanco de Lema e Coordinador do Museo, trataremos de amosar, parte do rico patrimonio que se conserva da Fundación Fernando Blanco, patrimonio que funde maioritariamente as súas raíces a finais do século XIX, pouco despóis da inauguración do Colexio- Instituto no 1886.
Cada semana publicaremos a fotografía e descrición dunha peza da colección. Pezas que terán un nexo de unión: a nostalxia e a lembranza dun centro innovador e pioneiro en materia educativa e cultural, así como tamén o recordo dunha institución que marcaría o devir de Cee e da comarca.
Foi trazado por Vicente Fraiz Andón (Silleda, 1859 - Santiago, 1919). Doutorado en Filosofía e Letras na Habana (Cuba), onde desenvolveu unha intensa actividade cultural, organizando as ensinanzas do centro de ensino Concepción Arenal do Centro Galego. De regreso a Galicia exerceu como Director da Escola Normal de Mestres de Santiago.
Foi modelado por Rafael de la Torre Mirón (Madrid, 1871 - Santiago, 1937), escultor e profesor de debuxo do Instituto de Santiago, da citada Escola Normal de Mestres da capital de Galicia, e da Escola de Artes e Oficios. Conta con numerosa obra da súa autoría en Compostela, destacando os artesonados da Universidade, a estatua xacente de Alfredo Brañas no Panteón de Galegos Ilustres de San Domingos de Bonaval, os soportais e a antiga sala da casa de Teléfonos na rúa do Franco, así como os retablos da capela do Rosario de San Domingos de Bonaval e de San Fernando na catedral.
Un mapa similar a éste foi premiado na Exposión Rexional de 1909 por ser o primeiro mapa realizado con criterio científico.
Esquema orográfico e hidrográfico de Galicia

- Autores: Vicente Fraiz Andón ( 1859 - 1919 ) / Rafael de la Torre Mirón ( 1871 - 1937 ).
- Cronoloxía: 1909.
- Clasificación: Obxectos educativos / Sección: Mapas.

- Darío Areas Domínguez. Secretario da Fundación Fernando Blanco de Lema e Coordinador do Museo.
Tesouros da Fundación
Máis información
Para unha información máis detallada sobre a figura de Fernando Blanco de Lema e da historia do Instituto da Fundación e da antiga Escola de Nenas, así como tamén do Museo, podedes visitarnos na Praza da Constitución, nº 25 de Cee, ou na web: www.museofernandoblanco.org.
Outros artigos de Darío Areas
Novas relacionadas
- Pequenos e maiores seguen a descubrir os Tesouros da Fundación Fernando Blanco>/a>.
- Os alumnos de Cee seguen coñecendo as súas orixes.
- O Ronsel entrevista a Darío Areas, Coordinador do Museo Fernando Blanco.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).