Luns. 15.08.2022
El tiempo
08:40
27/06/12

Tetarodon testudineus (Peixe Globo)

Tetarodon testudineus (Peixe Globo)

Da man de Darío Areas, Secretario da Fundación Fernando Blanco de Lema e Coordinador do Museo, trataremos de amosar, parte do rico patrimonio que se conserva da Fundación Fernando Blanco, patrimonio que funde maioritariamente as súas raíces a finais do século XIX, pouco despois da inauguración do Colexio- Instituto no 1886.
Cada semana publicaremos a fotografía e descrición dunha peza da colección. Pezas que terán un nexo de unión: a nostalxia e a lembranza dun centro innovador e pioneiro en materia educativa e cultural, así como tamén o recordo dunha institución que marcaría o devir de Cee e da comarca.

Tetarodon testudineus (Peixe Globo)

  • Lugar de compra: Casa de Material Científico Emile. Deyrolle (París)
  • Cronoloxía: 1890 - 1891
  • Orixe: Océano Índico
  • Clasificación: Obxectos educativos / Historia Natural / Sección: Peixes

Peixe globo

O peixe globo pertence á familia dos Tetraodontidae e a orde dos Tetraodontiformes. Ademáis é coñecido tamén polo nome de porcoespiño de mar debido a que ten a capacidade de inflarse, tomando auga ou aire, cando se asusta ou é atacado, podendo multiplicar varias veces o seu tamaño orixinal. Ao aumentar de tamaño resulta imposible para moitos depredadores poder tragalo.
De tódolos xeitos, se esto ocurrise, o depredador non podería sentirse moi afortunado, posto que case tódolos peixes globo producen un veleno coñecido como tetrodotoxina ou tetrogodina (potente neurotoxina, que se atopa principalmente nas vísceras, cuia inxesta fai disminuír tódalas constantes vitais, posto que interfire na conductividade neuromuscilar), a miúdo letal para os peixes. Para os humanos, a tetradotoxina é mortal, ata 1200 veces máis velenosa quo o cianuro.

Hai máis de 120 especies de peixe globo en todo o mundo. A maioría atópanse nas augas oceánicas tropicais e subtropicais, pero algunhas especies viven en augas doces.

Xeralmente teñen corpos longos, afiados, coa cabeza bulbosa.
Algúns advirten da súa perigosidade con marcas no seu corpo o con certo tipo de cores.

O seu tamaño varía dende o peixe globo enano ou pigmeo, de 2,5 cm. de longo, ata o peixe globo xigante, que pode medrar ata os 61 cm. de lonxitude. Son peixes sen escamas, soendo ter a pel áspera. Todos teñen catro dentes en forma de pico.

Aliméntanse de animais invertebrados e algas. Os especímenes máis grandes poden incluso partir cáscaras co seu pico duro, e así comer ameixas, mexillóns e mariscos. Algunhas especies de peixe globo son moi vulnerables á contaminación, á perda do hábitat e á pesca excesiva.
Aínda así, é unha especie estable en canto ao número de exemplares.

A colección de animais da Fundación

Pertencía este exemplar á colección de animais (desecados e esqueletes) do gabinete de Historia Natural da Fundación, e ao igual que o resto das coleccións deste gabinete, foi mercada en París, na casa de material científico Emile Deyrolle, no curso 1890 - 1891.

Orixinalmente a colección de animais contaba con 50 exemplares de mamíferos, 80 de aves, 30 de anfibios e reptís e 50 de peixes.

  • Darío Areas Domínguez. Secretario da Fundación Fernando Blanco de Lema e Coordinador do Museo.

Tesouros da Fundación

Novas relacionadas

Artigos sobre Fernando Blanco de Lema

Outros artigos de Darío Areas

Máis información

Para unha información máis detallada sobre a figura de Fernando Blanco de Lema e da historia do Instituto da Fundación e da antiga Escola de Nenas, así como tamén do Museo, podedes visitarnos na Praza da Constitución, nº 25 de Cee, ou na web: www.museofernandoblanco.org.

Fonte

comentarios