Loito por culpa do mar
Comprenderán que, hoxe, cando aínda resoa o lamento amargo das campás tocando a morto por culpa do mar, non escriba sobre economía municipal e prefira –mellor dito, necesite– transmitir, aos familiares e amigos das vítimas do pesqueiro Santa Ana, ao seu armador (o meu amigo Pepe do Cuco) e a toda a súa familia, o máis profundo pesar.
Esta sección, como todo Muros, está de loito. Por iso, propóñolles que tornen por uns instantes á súa infancia e adolescencia e rememoren vivencias persoais impregnadas de inocencia, que sen dúbida se atopan gardadas na memoria común dos que tivemos a sorte de nacer nos pobos do litoral.
Seguro que serán reminiscencias entrañables, no meu caso inevitablemente unidas a Muros e ao mar e que afloran como terapia cando a traxedia preme o corazón. Estou convencido que estes recordos serán moi similares aos de vostedes, porque todos, en maior ou menor medida, somos fillos do mar. E, por iso, sentimos de forma especial os naufraxios que truncan os sonos e ilusións das nosas xentes. Por iso, é mellor non dicir nada máis. Enmudecer... limitándonos a arroupar ás familias. Por iso, as nosas máis sinceras condolencias e, por iso, o noso apoio, solidariedade e respecto fraternal.
- Domingo Guerra ([email protected]). Economista. Especialista en economía pública e política económica pola USC.
Novas relacionadas
Outros artigos de Domingo Guerra
- Remanente de tesourería.
- Eficacia recadatoria.
- Oportunidade perdida.
- Gasto de persoal.
- Rendición da conta xeral.
- A Conta Xeral.
- A contribución.
- Cuestión de confianza e moción de censura.
- Débeda municipal.
- A prórroga do orzamento municipal.
- Presión fiscal dos nosos concellos.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).