Sábado. 18.05.2024
El tiempo
15:25
17/07/10

Traxedias esquecidas: O Vapor "X2"

Traxedias esquecidas: O Vapor "X2"
Continuamos con esta proposta salgada que nos traen Xusto Fisterra e o muradán Manuel M. Caamaño, as súas bitácoras tan vencelladas ao mar. Unha sección cargada de sentimento, onde as historias dos naufraxios se contan en primeira persoa. Hoxe, da man de Manuel imos ata o seu Muros natal para quedar neste fermoso porto, sacado nunha foto dos anos 30 da súa colección persoal. Alí repasaremos unhas desas traxedias menos lembradas.

Traxedias esquecidas

Hai traxedias esquecidas no tempo, perdidas no medio da bruma da memoria. Traxedias que no seu momento causaron dor, desesperación, bagoas e fame. Pero que hoxe en día non son recordadas nada máis, polos descendentes directos dos que pereceron no accidente. Un destes casos é o afundimento do vapor "X2" con base no porto de Muros e que causou a morte de oito veciños de esta vila o día 3 de outubro do ano 1922. Naufraxio do cal eu non tiña constancia se non fose porque remexendo nas hemerotecas atopei unha reseña no diario ABC de aquelas datas, na que fai mención ao feito en concreto. Embestido o "X2" a tres millas polo norte das "Basoñas" polo vapor con matricula de Corrubedo "Guerra" que fuxe do lugar trala colisión abandonando a súa sorte aos oito tripulantes do "X2" . Horas despois o vapor tamén muradan "Portals" pasa polo lugar dos feitos e recolle a un dos seus tripulantes aínda con un fío de vida, o maquinista Jesús Silva, e tráeno para Muros onde falecerá poucas horas despois. Oito vítimas, oito veciños dos que a memoria colectiva da xente esqueceuse, quizais porque a morte dun mariñeiro, dun pescador, naqueles anos onde as traxedias no mar eran o noso pan de cada día, eran feitos  por desgraza moi frecuentes que abranguían  tan só ao seu entorno mais intimo, e logo dos funerais e do loito, a vida dos demais tiña que continuar. Fagamos hoxe dende aquí unha pequena homenaxe a aqueles esquecidos mariñeiros. Esta é a mellor forma que se me ocorre para facelo para manter viva a chama da súa memoria. Esta é a nova que sobre estes feitos, publicaba o ABC o mércores 4 de outubro de 1922. “Vigo 4, 4 madrugada. Dicen desde Muros que a tres millas al Norte de los bajos conocidos por Las Basoñas el vapor "Guerra" de la matrícula de Corrubedo, embistió al vapor "X-2" de esta matrícula, hundiéndose este tan rapidamente, que sus tripulantes no tuvieron tiempo para salvar nada. El Vapor "Guerra", causante del siniestro, desapareció, dejando a los náufragos a merced de las olas, y el vapor "Portals", que pasó algunas horas después por el lugar del accidente, recogió al maquinista del "X-2", Jesús Silva, y lo trajo a esta población. La larga lucha que sostuvo le extenuó tanto, que falleció a los pocos momentos de su llegada. A consecuencia de este naufragio han desaparecido ocho tripulantes del "X-2" ignorándose la suerte que le haya cabido. Otros vapores recorrieron el lugar del naufragio sin encontrarlos, creyéndose que perecieron, pues desde que ocurrió el siniestro hasta que fue recogido el maquinista Silva transcurrieron doce horas”.

Máis información

Comentarios