![Malecon de Corcubion onde se quere facer unha praia artificial]()
Xa non é a primeira vez que a ría de Corcubión é noticia.
Noticia negativa.
É
unha das rías máis contaminadas de Galicia, onde se rexistran altas concentracións de bario, cobre, cadmio, manganeso, molibdeno, níquel, chumbo, silicio, zinc,… debido a proximidade dunha fábrica de hidrocarburos. Como non podería ser doutra forma, isto tivo e ten fortes consecuencias sobre a súa actividade marisqueira.
Nos últimos días, a ría de Corcubión volve a estar moi presente nos medios. Volve a ser noticia. Outra vez de forma negativa.
Praia, artificial, rexeneración, colectivo de defensa,… son algunhas das palabras máis repetidas nos titulares.
O poder darse un chapuzón na praia de Corcubión ou tomar o sol sobre o caolín suporía danar, aínda moito máis, o ecosistema mariño que aínda sobrevive na zona e nas súas proximidades. Entón, queda descartada que esta sería a solución para rexenerar esta contaminada ría. O po arxiloso co que se gañaría terreo ao mar, propio para fabricar porcelanas, compáctase moito máis que a area afogando así os moluscos e destruíndo a riqueza do fondo mariño.
A cor branca da praia chamará a atención. Unha cor que se conseguirá cun tratamento químico a base de sosa caústica.
Crear esta praia artificial ten un elevado custe inicial e futuro, xa que a súa rexeneración deberá ser constante porque son terreos moi inestables. É probable que unha boa parte da praia desapareza no primeiro temporal que sufra.
Quen se atreve a bañarse?
- Lorena Martínez Canosa (lorena@quepasanacosta.gal).
Novas relacionadas
Artigos de Lorena Martínez Canosa: A Costa en Verde
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).