Balanza Hidrostática
Da man de Darío Areas, Secretario da Fundación Fernando Blanco de Lema e Coordinador do Museo, continnuamos amosando e dixitalizando parte do rico patrimonio que se conserva da Fundación Fernando Blanco, patrimonio que funde maioritariamente as súas raíces a finais do século XIX, pouco despois da inauguración do Colexio- Instituto no 1886.
Cada semana publicaremos a fotografía e descrición dunha peza da colección. Pezas que terán un nexo de unión: a nostalxia e a lembranza dun centro innovador e pioneiro en materia educativa e cultural, así como tamén o recordo dunha institución que marcaría o devir de Cee e da comarca.
Balanza Hisdrostática
![Balanza Hidrostática da Fundación Balanza Hidrostática da Fundación Fernando Blanco de Lema de Cee](Balanza-Hidrostática-da-Fundación.jpg)
- Cronoloxía: 1890 - 1891
- Clasificación: Obxectos educativos / Gabinete de Física / Mecánica de líquidos (hidrostática)
Balanza hidróstatica
![Balanza hidrostatica](/media/quepasanacosta/images/2012/07/03/Balanza-hidrostatica.jpg)
Consiste nunha balanza común que leva pratiños de brazo longo.
Orixinalmente debía montar tamén pratos de brazo curto, cun gancho na parte inferior de cada un deles.
A cruz pódese subir ou baixar a vontade mediante un tornillo frontal inferior.
Construída en metal, ten base en forma de trepia, con pés regulables en altura. Orixinalmente contaba tamén cun cilindro metálico macizo, o cal tiña un volume exactamente igual á capacidade do cilindro metálico oco, os dous cun soporte de sustentación.
Emprégase para comprobalo Principio de Arquímides.
Procédese colgando do gancho inferior dun dos pratos o cilindro oco, e da base deste o cilindro macizo. No outro prato cólganse as pesas necesarias para o equilibrio. Se de seguido enchemos de auga o cilindro foco desfaise o equilibrio, pero se ao mesmo tempo se baixa a cruz de forma que o cilindro macizo se mergulle por completo nunha vasilla de auga situada debaixo, restablécese o equilibrio.
Demóstrase o Principio de Arquímides, xa que a capacidade do cilindro oco é exactamente igual ao volume do cilindro macizo, e o empuxe que sobre este actúa queda equilibrado co peso do líquido contido no vaso.
Arquímedes
![Arquimedes](/media/quepasanacosta/images/2012/07/03/Arquimedes.jpg)
Arquímedes (287 – 212 a. C) foi un matemático e inventor grego, o cal escribiu importantes obras sobre a xeometría plana e do espazo, a aritmética e a mecánica.
Naceu en Siracusa e educouse en Alexandría. No campo das matemáticas puras adiantouse a moitos dos descubrimentos da ciencia moderna, como o cálculo integral, cos seus estudos de áreas e volumes de figuras solidas curvadas e de áreas de figuras planas. Demostrou tamén que o volume dunha esfera é dous tercios do volume do cilindro que a circunscribe.
En mecánica, Arquímedes definiu a lei da palanca, e recoñécese como o inventor da polea composta. Tamén descubriu maquinaria de guerra, como poden ser as catapultas ou os famosos espellos ustorios cos que lograba incendiar as embarcación enemigas.
Pero Arquímides é coñecido sobre todo polo descubremento da lei hidrostática, a cal se demostra coa balanza protagonista deste artigo: “todo corpo sumerxido nun fluído experimenta unha perda de peso igual ao peso do volume do fluído que desaloxa”.
- Darío Areas Domínguez. Secretario da Fundación Fernando Blanco de Lema e Coordinador do Museo.
Tesouros da Fundación
Novas relacionadas
- A cultura tamén vertebra a Costa da Morte.
- Novedosas becas da Fundación e o IES Fernando Blanco.
- Máis escolares de Cee que coñecen o seu pasado.
- Un museo para 125 anos máis.
Artigos sobre Fernando Blanco de Lema
- Fernando Blanco de Lema, por Darío Areas (I).
- Fernando Blanco de Lema, por Darío Areas (II) – O testamento.
- Fernando Blanco de Lema, por Darío Areas (III) – O traslado dos restos mortais a Cee.
- Fernando Blanco de Lema, por Darío Areas (IV) – Problemas á hora de cumprir as últimas vontades do fundador.
- Fernando Blanco de Lema, por Darío Areas (V) – 125 anos de historia educativa no Instituto Fernando Blanco.
- A Guerra da Independencia na vida de Fernando Blanco de Lema.
Outros artigos de Darío Areas
Máis información
Para unha información máis detallada sobre a figura de Fernando Blanco de Lema e da historia do Instituto da Fundación e da antiga Escola de Nenas, así como tamén do Museo, podedes visitarnos na Praza da Constitución, nº 25 de Cee, ou na web: www.museofernandoblanco.org.![Tesouros Logos](/media/quepasanacosta/images/2011/07/05/Tesouros-Logos.png)
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).