Luns. 29.11.2021
El tiempo
David Castro
09:16
25/09/13

Entrevista de David Castro con Manu Saleta: "Temos equipo de sobra para ascender"

Entrevista de David Castro con Manu Saleta: "Temos equipo de sobra para ascender"
Manu Saleta -Foto-Santi Diaz

Manuel Suárez Saleta, máis coñecido como Manu Saleta, naceu o día 2 de setembro de 1995 na parroquia de Serantes (Laxe). Este rapaz, que agora mesmo defende as cores do equipo do seu pobo, a SD Laxe, tivo o pracer de disputar un dos máis prestixiosos torneos do mundo como é o Arousa Cup. Ademais conta no seu palmarés cunha liga da Costa de categoría alevín.

  • David Castro: Boas Manu. Debido a que no teu pobo non había equipo de fútbol vícheste na obriga de desprazarte a outros sitios para poder xogar. Eso supuxo algún problema para que comezases a xogar ao fútbol federado?

Boas David. Pois como ben dixeches en Laxe non había categorías inferiores e fomos moitos os rapaces deste pobo os que tivemos que repartirnos polos equipos da zona se queríamos xogar ao fútbol a nivel federado. Eu por sorte tiven a oportunidade de irme xogar para o Luis Calvo Sanz, onde vivín momentos inolvidables como foi xogar o Arousa cup.


  • D.C.: Como te definirías no terreo de xogo? Cal é a túa mellor virtude? E a túa peor faceta?

Pois eu definiríame como un xogador o que lle gusta xogar fácil e dar o último pase. Eu creo que a miña mellor virtude e a visión de xogo e o golpeo de larga distancia. A miña peor faceta sin duda é o sacrificio a nivel defensivo, recoñezo que son un xogador vago.

Manue Saleta-Foto-Jorge Parri
  • D.C.: Con que compañeiro disfrutaches nun campo de fútbol? Por que?

Co compañeiro que máis disfrutei xogando o fútbol sin duda, foi Zurich (mediapunta do Laxe), porque é un xogador super elegante e con moitísima clase, ademais cando el xoga ben tamén fai xogar ben ao equipo.


  • D.C.: Tiveches a gran oportunidade de disputar unha das competicións máis prestixiosas do mundo en categorías base, como é a Arousa Cup. Como describirías aquela experiencia?

Pois foi unha das experiencias que nunca olvidarei. Pasei de estar xogando na Liga da Costa a xogar contra Real Madrid, Ajax, Barcelona, Inter de Milán, etc. Xogar contra o fillo de Zidane e futuras promesas do fútbol de élite.


  • D.C.: Cando estiveches nas Escolas de Fútbol Luís Calvo Sanz, tiveches o pracer de ser entrenado por un grande do fútbol da Costa como foi, o finado José Luis Vara. Como o recordas?

Recordo que José Luis Vara sempre me decía antes de empezar a xogar "Manu, mételle huevos hombre". Sin duda un gran entrenador e unha grandísima persoa. Aínda que gañasemos si non nos saían as cousas perfectas xa non lle valía e eso sempre daba tendencia a xogar cada vez mellor.


  • D.C.: Na túa etapa no Bergantiños, puideches disputar a liga galega en categoría infantil. Que diferencias notaches con respecto ao fútbol da Costa?

Pois que é un fútbol máis fisico e de maior nivel. Pero tamén hai que decir que é menos duro que o fútbol da Costa.


  • D.C.: Tanto en xuvenís como en maiores, a SD Laxe fixo unha gran tempada o ano pasado. Na túa categoría fostes quen de chegar a cuartos de final da Copa da Costa, tras eliminar a todo un Xallas de Santa Comba, equipo que xogou a fase de ascenso á Liga Galega. Mentras que os maiores foron quen de clasificarse para á fase de ascenso á Liga da Costa, donde quedastes eliminados co SD Camelle, conxunto que finalmente ascendería. Cres que esta tempada, tanto en categoría xuvenil como senior, poderedes mellorar o que fixestes na 2012-2013?

Todo se pode mellorar. Con respecto aos xuvenís creo que a tempada do ano pasado é bastante difícil de mellorar pero nunca se sabe o que pode pasar. E con respecto o equipo senior creo que deberíamos mellorar en moitos aspectos e ascender sin ir o play-off, porque equipo haino de sobra. Este ano hai un equipo máis sólido e con máis ganas, que era o principal fallo do ano pasado.

O SD Laxe-Foto-Jorge Parri
  • D.C.: Que obxectivos lle marcas ao SD Laxe, tanto en xuvenís como en seniors, para a tempada 13-14?

Os xuvenís facer unha boa tempada e pelexar polos postos de arriba. O equipo senior ten como claro obxectivo o ascenso á liga da Costa e deste ano non pode pasar.


  • D.C.: E ti, personalmente, que obxectivos te marcas?

Despuntar no equipo sénior e se podo, meterlle unha axudiña os xuvenís.


  • D.C.: Este verán tiveches importantes ofertas de equipos de categoría superior ao Laxe. O Dumbría foi un dos equipos que puxou forte por ti, de feito, incluso comezaches a pretempada con eles. Que foi o que finalmente te fixo decidir para continuar no conxunto laxense?

O principal motivo polo que deixei o Dumbría foi pola distancia que tiña de Laxe a Dumbría. Pero tamén debo recoñecer que este ano víalle moi boa pinta a SD Laxe e eso tamén influiu moito na decisión. Tamén sei que a oportunidade que me ofreceu o Dumbría de formar parte do seu equipo era importante para dar un pequeno salto, pero espero non arrepentirme.


  • D.C.: Moitas grazas crack e moita sorte para esta nova tempada.

Gracias a ti, David. Un saúdo.


Máis entrevistas

Outras entrevistas de David Castro

Fonte

comentarios