Sábado. 19.09.2020
El tiempo
David Lourido
10:30
30/07/12

As Bondades da fala: “Ao meu pai, tivéronlle medo ata de morto”

As Bondades da fala: “Ao meu pai, tivéronlle medo ata de morto”

Cando creamos As Bondades da fala pensabamos en conversas como esta. María “A Cubela” ten 82 anos e unha memoria chea de historia e historias que estamos obrigados a escoitar, conservar e contar. Obrigado tamén é agradecer a colaboración de Ovidio Castro, ceboleiro, isto é natural do Ézaro, que convertiu unha entrevista entre descoñecidos nunha conversa entre veciños. Agradecementos que hai que expandir a Josiño, que non deixou de insistirnos para que coñezamos a historia desta brava muller.

Un deses relatos é o protagonizado por seu pai, Pedro “o das trampas” ou simplemente Pedro, un dos agochados no Monte Pindo máis ilustres. Unha realidade que naceu en tempos da Guerra Civil e da que aínda quedan probas nas covas do Olimpo Celta ou en forma de historias transmitidas de pais a fillos.

Que sirva esta pois como 3ª parte da serie Ézaro, unha viaxe polas covas dos agochados no Monte Pindo:


Novas relacionadas

Máis entrevistas en As Bondades da Fala

Fonte

A Cubela video

comentarios