As 7 claves da nova Lei de Autónomos
11:38 06/11/17

Ampliación da tarifa plana
En primeiro lugar, a cota para novos autónomos será de 50€ durante 12 meses, fronte aos 6 que se aplicaban anteriormente, é dicir, dobra o seu período de aplicación. A partir destes 12 meses, as reducións e bonificaciones mantéñense nun 50% durante 6 meses, nun 30% durante os 3 meses seguintes e nun último 30% durante 3 meses máis, de forma que a rebaixa na cota alcanza un período total de 24 meses. Si o autónomo é muller menor de 35 anos ou home menor de 30, gozarán dunha bonificación adicional do 30% durante 12 meses máis, ata un total de 36 meses.Nova tarifa plana para as mulleres reincorporadas trala maternidade
Tratando de favorecer a conciliación e con plena vixencia xa desde a publicación da lei, créase unha nova tarifa plana de 50 euros para as mulleres autónomas que cesen na súa actividade por maternidade, adopción, garda, ou tutela e volvan darse de alta cotizando pola base mínima nos dous anos seguintes ao cese. Ademais existe unha bonificación durante o descanso por maternidade e paternidade do 100% da cota sen contratar traballador sustituto, debendo ser este descanso de polo menos un mes.Recargo por ingresos fóra de prazo
Cando transcorre o prazo establecido para abonar as cotas de Seguridade Social e non se ingresan, aplícase un recargo que pasa a quedar así: - Cúmprense as obrigacións de liquidación pero non se ingresan as cotas: aplícase un recargo do 10% se se abonan dentro do primeiro mes natural seguinte ao de vencimiento do prazo, e do 20% se se abonan a partir do segundo mes seguinte. Ata agora, era do 20% en todo caso. - Non se cumpren as obrigacións de liquidación e non se ingresan as cotas: aplícase un recargo do 20% se se abonan antes de terminar o prazo establecido na reclamación de débeda ou acta de liquidación, e do 35% se se abonan a partir de terminado ese prazo. Ás demais débedas coa Seguridade Social que non sexan cotas e non se abonen aplícaselles en todo caso un recargo do 20%.Posibilidade de abonar a cota por días traballados
As afiliaciones, altas e baixas no Réxime Especial de Autónomos producen actualmente efectos desde o primeiro día do mes de inclusión ou cese. Coa nova reforma darse de alta ou baixa producirá efectos o propio día en que realicemos o acto, de forma que neses meses só pagarán polos días traballados. Ademais, a lei amplía a posibilidade de que os traballadores autónomos cambien a súa base de cotización pasando de dúas a catro veces ao ano.Accidente in itinere como accidente de traballo
A Lei recoñece por vez primeira para o colectivo autónomo o accidente de traballo in itinere, sufrido ao ir ou ao volver do lugar da prestación da actividade, entendendo por tal o establecemento onde o traballador autónomo exerza habitualmente.Novos gastos deducibles en IRPF: Suministros e Manutención
A partir de 2018, inclúense entre os gastos do IRPF: - Os suministros da vivenda habitual afectada parcialmente á actividade económica, como auga, gas, electricidade, telefonía e Internet, no 30% da parte proporcional aos metros cadrados da vivenda destinados á actividade. - Os gastos de manutención de comida e aloxamento causados ao realizar a actividade que se abonen por calquera medio electrónico de pago nas mesmas cuantías que para os traballadores, é dicir, 26,67 euros diarios si o gasto se produxese en España ou 48,08 euros se é en estranxeiro.- Diego Dourado, profesional do eido xurídico. Porteiro da UD Cerqueda (d.dourado.fdez@gmail.com).
Artigos de Diego Dourado
- Batalla contra as plusvalías municipais.
- A cara menos afable das cláusulas solo.
- Ser nais e pais obríganos a vixiar a nosa Declaración da Renda.
- Igualdade de indemnizacións para temporais e indefinidos.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).