Martes. 19.03.2024
El tiempo
Domingo Guerra
09:32
14/05/19

A factura electoral

A factura electoral
A factura electoral

Eu tampouco leo os programas electorais. Fago mal, xa o sei. Formo parte do grupo de votantes que, segundo o último informe da Fundación Transforma España, temos esa mala costume (60% dos entrevistados).

Confeso que ollar páxinas e páxinas sen a necesaria memoria económica que avale o que se pretende facer, dáme unha pereza enorme. O mesmo que ler o BOE, o Novo plan xeral de contabilidade (que, por certo, sempre é «o novo»), ou os prospectos das medicinas.

Sen embargo, e a diferencia do que sucede con ese tipo de lectura árida, os programas electorais carentes de estimacións cuantitativas non ofrecen credibilidade. Son cartas aos Magos de Oriente.

De feito, así como no ámbito privado, para mercar un inmoble, un vehículo ou executar unha obra, por exemplo, o relevante é ter cartos para poder facelo, en moitas propostas programáticas dá a sensación de que nin o custe, a consignación orzamentaria ou como se financiará o investimento son aspectos destacables.

En definitiva, apenas importa a compatibilidade das propostas coa disciplina orzamentaria (estabilidade financeira, endebedamento e regra de gasto), porque doutro xeito pasaríase unha elevada factura electoral aos candidatos á alcaldía. E isto non ocorre nas eleccións municipais, onde a capacidade e confianza no aspirante é o que realmente inflúe. O que de verdade importa.

Por iso, ao marxe do contido dos programas electorais, moitos de nós fai tempo que temos decidido o voto. Nas derradeiras horas do último domingo de maio coñeceremos os resultados. Ogallá acertemos.

 

OUTROS ARTIGOS SOBRE ECONOMÍA MUNICIPAL DE DOMINGO GUERRA

 

Comentarios