A implantación dos eólicos nos Penedos de Pasarela e Traba, benefico ou destrución?

Os Penedos de Pasarela e Traba son formacións graníticas que a erosión moldeou dando formas curiosas. Desde hai anos, os Penedos de Pasarela e Traba espertaron o interese da xente. No 1835, o Instituto Xeolóxico e Mineiro de España declarounos formas singulares e distintos poetas como Eduardo Pondal ou Manuel Rivas dedicáronlle algúns versos para recalcar a súa importancia. Aquí van unhas liñas do segundo:
“Onde o Henri Moore ficaría sen fala…
E o Chillida, seguramente,
dedicaríase a outra cousa.”
A Consellería de Medio Ambiente declarou os Penedos como “paisaxe protexida” en vista das protestas dos veciños e veciñas ao ver que querían abrir alí unha canteira ilegal. E tentaron facelo dúas veces.
A pesar disto, estase tentando levar a cabo unha nova agresión: a implantación dun parque eólico. Mais estariamos agora ante un beneficio ou unha destrución?
Pódese pensar que a maioría da enerxía producida en Galicia está destina a España; non obstante, é consumida noutros países, onde van parar tamén a maioría dos beneficios.
A implantación destes parques nos Penedos pode facer que estes sufran desperfectos, o cal traería importantes consecuencias (posto que, non esquezamos, esta zona está protexida).
Nesta importante zona viven especies en perigo de extinción como a píllara das dunas. Ao construír nos Penedos ou zonas próximas, expóñense aínda máis ao perigo.
En resumo, dende o meu punto de vista, a construción dun parque eólico nesta zona protexida sería unha gran destrución posto que tanto estas formacións graníticas tan fermosas e incribles como as zonas próximas estarían en perigo, ao igual que a fauna e flora que habita alí.
- Emma Pérez. Alumna de 3º ESO do IES Terra de Soneira.
Artigos relacionados
- Claudia Roget Antelo: Os Penedos de Traba e Pasarela.