Liga escocesa?
23:45 09/03/11
"Non queremos outra Liga escocesa". Esa pancarta que despregaron os Riazor Blues con motivon do Deportivo-Real Madrid reflicte o sentir de todo aquel que nunha 'tiranía' de dous se sinte apartado deportivamente. Pasa na Primeira División e coido que a este paso vai moi preto a Liga da Costa. Sen embargo, creo que tamén pode ter unha lectura positiva: a progresión do fútbol da Costa.
Si se mira onde estabamos hai tres anos (sen representantes en Preferente e sen voz nin voto nas eleccións da Federación) creo que unha mirada ó presente invita a un moderado optimismo. O Soneira garante outro ano de fútbol entre grandes, mentres que Cee e Dumbría loitan por acompañalo, xunto cun Xallas debutante e dominante. Só o Zas parece condenado a unha restructuración.
Nun segmento xeográfico e demográfico relativamente reducido, as necesidades deses equipos en material humano loxicamente tira do mellor dunha Segunda Autonómica que sobrevive cos eventuais proxectos de crecemento de iniciativas como a deste Camariñas. Pero se un se pregunta se, por exemplo, o Baio ou o Carnota desexarán medrar, ¿de onde sacarían os futbolistas? Por iso simplemente creo que o baixón competitivo e a explicación de que tantos clubs estean loitando xa por nada na Liga da Costa ten un trasfondo máis positivo que negativo, aínda que repercuta negativamente no espectáculo ou na emoción.
Vendo o do pasado domingo, é bastante preocupante ver equipos con once e doce xogadores nas súas convocatorias, por respecto ós que pagan unha entrada, por respecto ós socios... creo que hai unha educación negativa nese sentido en moitos xogadores. No bando positivo está a competitividade do Sofán e do Muros, loitando por un bronce que coido que sería a confirmación de dous proxectos que seguen petando ás portas do futuro. A diferenza entre eles e outros como Ponteceso e Camariñas son as liñas máis continuistas nas súas políticas de fichaxes, que sería unha mágoa que algún día non tiveran premio.
- Guillermo Parga ([email protected]).
Crónicas de Guillermo Parga
- Titanic.
- Os partidos que hai que gañar.
- Guillermo Parga lembra a marcha de Fran Hermida do fútbol da Costa: Algo morre na alma....
- Guillermo Parga analiza a Preferente Norte: Un mundo de ilusión.
Artigos relacionados
- Artigo de Pablo Mouro: Adestrar mal, lesión segura.
- Crónica de Manuel Varela: Exercicio de democracia.
- Crónica de Alberto Pose: Momento para a asociación de clubs da Costa.
Máis novas
- Da incidencia do Facebook no Fútbol da Costa.
- Os segredos máis íntimos dos xogadores do Camariñas.
- As outras pelotas dos xogadores do Camariñas.
- O San Lorenzo quita a roupa.
Máis información
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).