Os partidos que hai que gañar
21:04 29/09/10
O gran paso do Soneira do pasado domingo non debe quedar emborronado pola febleza do rival, senón que debe ser contemplado dentro dun todo que inclúa o meritorio punto de Laracha. O cadro vimiancés está a espantar a primeira das pantasmas que poden perseguir a un recén ascendido: o verse cedo metido na zona baixa. Paso superado. O Castro seguramente acabará mellorando co tempo, porque é un equipo en construción. Pasa algo así como co Compostela ou Campus Stellae. Os que teñan a sorte de xogar agora eses encontros terán terreo gañado nunha carreira de fondo apaixonante.
Esta Preferente é a máis atípica en moito tempo. Non hai un gran dominador nin tampouco cenicientas. Con ese panorama, creo que a permanencia na Liga de 21 vai estar nunha suma de puntos terriblemente alta, á expectativa do que poida pasar nas categorías superiores.
Especialmente chamativo paréceme o empate do Bertamiráns en Laracha. Os santiagueses teñen unha aposta moi similar á do Soneira: continuísmo e oficio. Os locais creo que están a pagar un pouco ese cartel de favorito que tanto pesa contra rivais que teñen as cousas claras defensivamente.
Do resto, ollo a este Boiro, un bloque feito con intelixencia e que xa foi quen de derrotar ó Dorneda no sempre durísimo Condús.
- Guillermo Parga ( guillermoparga@quepasanacosta.gal).
Máis información
Máis información
Crónicas de Guillermo Parga
- Guillermo Parga lembra a marcha de Fran Hermida do fútbol da Costa: Algo morre na alma....
- Guillermo Parga analiza a Preferente Norte: Un mundo de ilusión.