Venres. 29.03.2024
El tiempo

Prefrente: Partidazo do Soneira no Val con pouco premio

Prefrente: Partidazo do Soneira no Val con pouco premio

O Soneira fixo un deses encontros que demostran que é por dereito de lei un equipo de Preferente Autonómica. Maniatou e neutralizou tódolos aspectos que convertiron a O Val nun dos grandes referentes na loita polo ascenso, aínda que un desaxuste defensivo final evitou a sorpresa maiúscula.

O Val - Soneira (1-1)

  • SONEIRA: Fran, Ferreiro, Pablo, Javi, Miguel, Santi, Víctor García, Míchel, Darío (Mayor, min.77), Mario Toja (Vía, min.80) e Vituco (Basti, min.85).
  • Goles: 0-1, min.54: Darío; 1-1, min.90+2.

No primeiro acto, o cadro vimiancés incluso lle discutiu a posesión ós valexos. Non houbo demasiado perigo, pero a mellor a tivo Vituco, tras un erro do meta Ángel.

Xa na segunda metade, unha contra montada tras unha posible agresión de Isaac a Javi, permitiulle a Darío encarar a Ángel e superalo no man a man. A partires de aí, o O Val volcouse e acadou o premio nun balón ó segundo palo, no que Isaac empurrou ó fondo da portería

Máis información

Artigos relacionados

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios