Venres. 19.04.2024
El tiempo
Javi Turnes
11:30
18/10/10

Dúbida

A Escarpadura (X) &nbps;

Dúbida.
(a todos os seres de boa vontade).

“Soy unas pocas palabras,
qué pocas palabras soy.”

Sobrinus

Acaso non estamos atiborrados dun afecto desmedido pola nosa propia forma de ser?
Acaso unha determinada forma de coñecemento e de acción non asedian sen tregua o movemento variable da nosa existencia?
E,
acaso non nos erguemos considerando que a vía do coñecemento pasa por un saber universal, sempre accesible, sempre asimilable e que o camiño que leva á verdade é un camiño que podemos recorrer sen máis?.
E que a verdade é a suma de aquelo que é posible coñecer?.

Todos somos seres de boa vontade.

Pero e si acaso
a verdade é aquelo que non se pode e non se debe nunca expresar?.

E (ó mellor) todo aquelo que se sabe e se di publicamente non merece ser coñecido.

E si
a verdade é secreto que cala?.
E a visión que agocha esa verdade tan só queda para nós [coma o silencio das olas cando o sol desaparece no horizonte.
E un gran vento calmo nos acompaña á casa.

E si
a experiencia límite é a que espera a este último home, capaz unha última vez de non deterse na suficiencia que lle espera á volta da súa boa vontade?

E si o home, tal como é, tal como será, ten unha carencia esencial
[non histórica non salvable pola técnica nin pola ciencia & c.] Ahistórica,
por tanto.
E que ten que ver coa morte.

E si o home, por tanto,
é ese ser que non se agota na acción e no pensamento
e cando todo está terminado,
cando o ‘ facer’ está terminado. Cando o home non ten máis por facer…
e si entón
e si entón é cando ten que existir?

  • Javier Turnes (javiturnes[arroba]quepasanacosta.com)

Comentarios