Venres. 29.03.2024
El tiempo
Javi Turnes
09:14
26/01/11

Habitar

Habitar (oscilacións sobre un texto do mesmo nome escrito por Heidegger) Habitar é o xeito no que os mortais son da terra. Os mortais son os homes. Chámanse mortais porque poden morrer. Morrer significa ser capaz da morte como morte. Só o home morre — e ademáis dun modo permanente — mentres está na terra, baixo o ceo. Os mortais habitan na medida en que salvan a terra. Os mortais habitan na medida en que reciben o ceo como ceo; na medida en que deixan ó sol e á lúa seguir a súa viaxe, ás estrelas a súa ruta, ás estacións do ano a súa bendición e a súa inxuria; na medida en que non convirten a noite en día, ni fan do día unha carreira sen repouso. Mais. Os mortais descuidan a súa morte imborrable. A continxencia que os envolve. Ignoran o significado da palabra ‘salvar’. Nin sequera son soberanos de dar nome ó seu habitar. De exporse a el. Os mortais –agora- son seres que soñan e no seu soñar vacilante déixanse atrapar por soños alleos. Pola alucinación dos que desdeñan a concordia entre os nomes. A constancia das cousas. Alucinacións que só adoran a vanidade da Historia.
  • Javier Turnes (javiturnes[arroba]quepasanacosta.gal)

Escarpaduras anteriores

Novas relacionadas

Comentarios