Mércores. 14.04.2021
El tiempo
Javi Turnes
11:35
01/06/10

Non_saber

Non_saber
Nin aínda percorrendo todos os camiños
chegarás a atopar no teu andar
os límites da alma. 

  • Heráclito de Éfeso 

Quizá unha imaxe cabal do home do presente sexa a dun ser que palidece ó atopar os seus rastros nunha casa vacía.

Un lamentable resto de si mesmo.
ese lugar afogado na conciencia
no medo, no gozo, na violencia…
onde todo está sometido a un cristal opaco,
a través do que contemplamos un mundo que fica distorsionado por unha espesa capa de culpa. 

Esquecida a tenrura de imitar á  natureza.
Pisoteada a visión platónica que cifraba un vínculo profundo entre
a verdade e a libertade.
Quebrantada a queda afirmación de que esa verdade é un atributo dos seres e das cousas: tan só unha catástrofe nos pode redimir de nós memos. 

Que arrinconada quedou esa certeza do silencio que repite o esencial non saber do ‘ser que fala’. A distancia infinita entre a palabra e o sentido. A esencial necesidade da continxencia. A humildade na que nos coloca o non_sido. A humildade do que gravita no xa_sido… vivir sabendo que non se sabe… 

Permanecer nese temblor que non se desprende da intención profunda de arrincar ás cousas da súa historia e do seu fin para recuperar o enigma. O destino. A decisión sensible por abrazar a morte.
O límite. 

Permanecer nese temblor que fuxe do recoñecemento.
Detestar esa enfermidade chamada lucidez.  

Atiborrados de lucidez humana deambulamos).

  • Javier Turnes (javiturnes[arroba]quepasanacosta.com)

comentarios