Juan de Dora mete ao Dumbría na crema da División de Honra Cadete

Xa temos Cuartos da I Copa da Costa Cadete. Unha Copa na que no participa o Dumbría, pois ao estar inmerso na División de Honra Galega e facéndoo de xeito espectacular o equipo de Juan Purrúa e Joaquín. Están 4º tras 6 xornadas, só por detrás de grandes como Celta, Deportivo e Pontevedra. E que siga así!

Dumbría - Ponte Ourense (1-0)

  • DUMBRÍA : Jorge, Rachón, Miguel, Raúl, Kanario, Samuel (José, min.54), Isma, Mauro, Juan de Dora (Tomás, min.76), Edu (Borja, min.71) e Luís (Adrián, min.63).
  • Goles: 1-0, min.18: Juan de Dora; 2-0, min.49: Juan de Dora.

A tarde presentábase dura para o equipo local xa que se enfrontaban a un dos conxuntos que se atopan na zona alta da clasificación. Daba comezo o encontro cun Dumbría moi metido no partido e con ganas de levarse os 3 puntos, o partido estivo dominado de principio a fin polos xogadores de Juan Porrúa e Joaquín, eles non non tiveron nin unha ocasión de gol grazas ao bo facer dos xogadores de Dumbría que estiveron durante todo o encontro moi concentrados e moi ordenados.

O Ponte Ourense estaba exasperado co dominio aplastante do Dumbría e o único que facían é cometer falta tras falta, de feito leváronse 5 amarelas e 1 vermella directa.

O auténtico pesadelo das defensas rivais segue sendo este mozo, rápido e talentoso xogador de Louro, o autentico killer da División de Honor. Juan de Dora está rendendo a un nivel espectacular esta tempada. El foi o encargado de marcar os 2 goles na tarde de onte pero sen esquecernos de todos e cada un dos membros do persoal que están facendo un inicio de tempada para enmarcar na historia do Dumbría, seguindo a este ritmo darannos mil e unha alegrias este ano.

O partido finalizaba con 3 puntos a sumar no casillero dos Dumbrieses, cun sabor de boca moi bo e cos ánimos en alza para recibir ao Deportivo da Coruña o vindeiro sábado no Conco.

... e o Corazón segue latexando en Dumbría. Ese corazón que Juan ensina cando marca un tanto.

Crónicas do Dumbría

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

Fonte

  • Crónica e fotos de Jorge Parri.
  • Redacción de QPC Deportes (deportes@quepasanacosta.gal).