Venres. 03.05.2024
El tiempo

Cadetes: O Dumbría segue gañando e 4 equipos xa están nos Cuartos da Copa

Cadetes: O Dumbría segue gañando e 4 equipos xa están nos Cuartos da Copa

Analizamos a situación da categoría Cadete. E o facemos primeiro pola I Copa da Costa Cadete e seguindo pola 4 xornada dun Dumbría que se mantén entre os 4 mellores de toda Galicia.

I Copa da Costa Cadete

Van 4, e quedan 2 xornadas para o remate da primeira fase desta I Copa da Costa Cadete. E xa temos 4 equipos clasificados. Os 3, Muros (Gr.1), Fisterra (Gr.2), Coristanco (Gr.3) e o XSC (Gr.4) vencían esta semana a As Baleas, Esteirana e Muxía respectivamente, e xa meten o pé en Cuartos, fase que comezará o 26 deste mes de outubro.

Pero aínda quedan outros 5 equipos por clasificarse, pois falamos de 4 grupos de 3, dos que se clasifican os dous primeiros.
No Gr. 1 parece que será o Cee o que acompañe ao Muros, ante unhas Baleas algo frouxas.
No Gr.2, o Baio poderá superar á Esteirana, prosiblemente xogándose todo na última xornada.
No Gr.3, será case que con toda seguridade o Zas o que acompañe ao Coristanco, pero aínda o Muxía ten a súa opción a vindeita semana.
E no Gr.4, o XSC xa está nos cuartos e Outes e Cabana se xogarán esta fin de semana o pase.

División de Honra Cadete, xornada 4

11 do Dumbria da Division de Honra Cadete-Foto-Jorge Parri
  • Resultado: Dumbría - Porriño (1-0).
  • DUMBRÍA: Maikel, Kanario, Rachón (Borja, min.72), Luís (Isma, min.49), Raúl, Mauro (Juanfran, min.80), Juan de Dora (Dani, min.80), Tomás, Edu, Samuel, Miguel.
  • Gol: 1-0, min.15: Juan de Dora.
Ambientazo no Conco para ver ao Dumbria--Foto-Jorge Parri

O Dumbría volvía á casa despois da súa derrota a semana pasada en Arousa. Volvía e volvía para enfrontarse a un dos equipos que se situaba na zona alta da táboa de clasificación e que agora deixa a 3 puntos de distancia.
Empezaba o partido con 10 minutos de antelación sobre a hora prevista que eran as 17:00, o Dumbría saía moi enchufado no encontro e con ganas de levarse os tres puntos e deixar un bo sabor de boca á afección que no dia de hoxe unha vez máis era moi numerosa. Alí podiamos encontrar xente de moitos puntos da Costa da Morte.

Co balón rodando, a primeira ocasión sería do Dumbría que chegaría moi pronto, aos 4 minutos Juan de Dora tería unha ocasiónclarisima que non acertou a marcar só ante o porteiro, un balón que picou moi ben pero que se fué ao pau, isto non desmoralizaría o dianteiro de Louro que uns minutos máis tarde marcaría un belo gol con dedicatoria incluída ao estilo Di María, facendo o sinal do Corazón. Quen será a afortunada desta dedicatoria?.

Edu co balon-Foto-Jorge Parri

O Dumbría puxo o fútbol e as gañas de levarse o encontro en todo momento, non deu moitas opcións ao porriño de meterse no encontro, a presión exercida polos homes de Juan Porrúa e Joaquín facía que eles non estivesen nada cómodos

Un equipo moi seguro en todas as súas liñas, empezando polo porteiro Maikel que o pouco que lle chegou o solucionou de sobra, pasando por Kanario que ese brazalete de capitán o marca como o autentico xefe da defensa, seguindo con Edu e Mauro que no centro do campo o dominan á perfección onde marcan os tempos e a velocidade do xogo.
E rematando polo auténtico líder deste equipo, Juan de Dora, un xogador excepcional que non dá un balón por perdido, o loita todo e desvívese polo equipo. Xogador con moitísima clase e que ten un futuro moi prometedor se segue con esta ansia, con esta forza e con estas ganas de traballar por e para o equipo.

Juan de Dora no partido-Foto-Jorge Parri

Crónicas da semana

Comentarios